Diferenzas entre revisións de «Sátiro»

retiro homónimos de ninfa
(idioma grego > lingua grega)
(retiro homónimos de ninfa)
As representacións [[romano|romanas]] confundían ós sátiros cos [[fauno]]s, que adoitaban ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.
 
As representación aparecen en diversas idades da vida. Os pequenos son chamados ''satyriscoi'' e aparecen como mozos graciosos: o sátiro ''Anapauomenos'' ("en descanso"), atribuído ó escultor [[Praxíteles]] é un bo exemplo. Os sátiros maiores son chamados ''silenos'', polo deus Sileno ou [[Pan (deus)|Pan]], preceptor de Dionisio, é aparecen representados cunha grande fealdade. Adoitan portar copas ou tirsos nas mans, en actitude de bailar coas [[Ninfa (mitoloxía)|ninfa]]s.
 
Criaturas semellantes ós sátiros aparecen noutras mitoloxías, como o ''Leszi'' eslavo, ou a ''carantoña'', que se di habita nos bosques do noroeste da Península Ibérica. Normalmente trátase de criaturas de carácter festivo, burleiro e descarado, amigos da festa e do bo [[viño]], cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta. Na mitoloxía cristiá a figura do sátiro foi traspasada ó [[diaño]].
52.497

edicións