Conversa:Selección de rugby de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Arranxos: criterios ao nomear os artigos
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
::Paréceme correcta a reversión do título, seguramente me precipitei ao movelo sen un acordo previo.<br>Ao meu entender, habería que revisar a política de criterios para definir os títulos dos artigos de seleccións deportivas a moitos niveis (de feito, habería que crear tal política).<br>No caso de que un artigo inclúa información sobre as dúas seleccións en categoría sénior (masculina e feminina), o título debe ser xenérico, como por exemplo [[selección de baloncesto de Galicia]]. Se só se refire a unha das dúas, debe ser indicado no título ("selección masculina <ou feminina> de tal deporte de tal país"). Isto implicaría cambios en moitos artigos de seleccións de numerosos deportes, a verdade, pero paréceme xusto.<br>Outro tema no que debería haber acordo é na inclusión do termo ''nacional'', pois temos [[selección nacional de balonmán de Galicia]] e [[selección nacional de tenis de mesa de Galicia]]. Quizais cumpriría trasladar esta conversa a outra páxina. --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 01:19, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
:::A verdade é que estaría moi ben aclarar eso. Eu creei varias páxinas sobre seleccións de hóckey a patíns masculinas (tiña pensado crear as das femininas, mais polo momento non tiven tempo para facelo), se van ser tratadas no mesmo artigo hai que reestruturalo todo nas de hóckey a patíns, que repito son masculinas (exemplo [[Selección de Mozambique de hóckey a patíns masculina]]. Saúdos, [[Usuario:Piquito|Piquito]]<sup>[[Conversa Usuario:Piquito|conversa]]</sup> 2:27, 16 de xaneiro de 2012
Volver á páxina "Selección de rugby de Galicia".