Europa (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: sk:Európa (mytológia)
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino homónimo de Creta
Liña 8:
O rapto de Europa por [[Zeus]] está narrado por [[Ovidio]] nas súas [[As metamorfoses|Metamorfoses]], no [[Século -I|século I]] a. de C.
 
Segundo Ovidio, Zeus viu a Europa collendo flores coas súas doncelas á beira do mar e transformouse en touro para seducila. A princesa, sen sospeitar nada, subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna cruzando as ondas ata [[illa de Creta|Creta]]. Preto de Gortina uníronse carnalmente xunto a unha fonte e baixo duns plátanos que, en memoria destes amoríos, obtiveron o privilexio de non perder xamais as súas follas. Desa unión de Zeus e Europa naceron [[Minos]], [[Radamantis]] e [[Sarpedón]].
 
Radamantis, rei de creta moi respectado pola súa prudencia, foi destronado por Minos, que para probar o seu dereito ao trono, coa axuda de [[Poseidón]], fixo saír do mar a un touro magnífico polo que [[Pasafae]], a súa esposa, concibiu unha paixón culpable. Sarpedón disputoulle a Minos o trono de Creta e un meniño chamado Mileto, co que fuxiu para fundar a rexión de [[Mileto]], en [[Licia]]. Radamantis e Minos foron chamados ao [[Hades]] tras a súa morte para seren xuíces do tribunal dos mortos.<ref>Zavala, I. ''[http://books.google.es/books?id=ggBUba5bVGgC&printsec=frontcover&dq=El+rapto+de+Am%C3%A9rica+y+el+s%C3%ADntoma+de+la+modernidad.&lr=&num=100&as_brr=3&ei=97SuS5jVCYPUzQSN1KneCA&client=firefox-a&cd=1#v=onepage&q=&f=false El rapto de América y el síntoma de la modernidad]''. Editorial Montesinos, 2001. ISBN 8495580055, 9788495580054.</ref>