Fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
A primeira fase da [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa-fosfato]] consiste en dúas oxidacións que converten en varios pasos a [[glicosa 6-fosfato]] en [[ribulosa 5-fosfato]] e reducen o NADP<sup>+</sup> a NADPH + H<sup>+</sup>.
 
O NADPH formado na fase oxidativa é utilizado para reducir [[glutatión]] (GSSG) e para soster a biosíntese doutras moléculas co seu poder redutor. A [[ribosa 5-fosfato]] é un precursor para a síntese de [[nucleótido]]s e [[ácido nucleico]]s. Podemos dicir que o produto esencial da [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa-fosfato]] non son as propias pentosas, senón o doante de electróns NADPH, necesario para as reaccións de redución da biosíntese doutras moléculas.<ref>C. K. Mathews, K. E. van Holde, K. G. Ahern. Bioquímica, tercera edición. Madrid: Pearson Educacion, S. A., 2002. ISBN 84-7829-053-2</ref>
 
O feito de que a [[glicosa 6-fosfato]] entre na [[glicólise]] ou na [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa-fosfato]] depende das necesidades momentáneas da [[célula]] e da concentración [[citoplasma|citoplasmática]] de NADP<sup>+</sup>. Cando unha célula está convertendo rapidamente NADPH en NADP<sup>+</sup> en reducións de biosíntese, aumenta o nivel de NADP<sup>+</sup>, o que estimula [[regulación alostérica|alostericamente]] a G6PD ([[glicosa 6-fosfato deshidroxenase]]), que é o [[encima]] que [[catalizador|cataliza]] a primeira reacción na vía da pentosa-fosfato. En caso contrario, se diminúe a demanda de NADPH+H<sup>+</sup>, a [[ruta da pentosa fosfato|vía da pentosa]] faise máis lenta e a glicosa 6-fosfato utilízase como combustible para a glicólise.