Ría de Bilbao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|250px|Vista aérea da ría. thumb|250px|Vista satelital da ría. [[Ficheiro:Vistageneralriadebilbao.JPG|thumb|25..."
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
Liña 5:
 
Pasando a xurisdición de Bilbao, prolóngase 14 km ata a súa desembocadura no mar, no municipio de [[Santurtzi]].
 
== Hidroloxía ==
As aguas do [[Río Nervión|Nervión]]-[[Río Ibaizabal|Ibaizabal]] forman unha ría ao chegar ao nivel do mar, en [[Bilbao]], ata a altura do barrio bilbaíno de [[La Peña, Bilbao|La Peña]].
 
Os afluentes que reciben a partir deste punto tamén adoptan a forma de pequenas rías ao desembocar. Son:
* arroio de [[Bolintxu]].
* río [[Cadagua]], que recibe os subafluentes:
** pantano e río Ordunte.
** río Herrerías.
** rio Llanteno-Ibalzibar.
** rio Arceniega.
** río Artxola.
** arroio Otxaran.
** arroio Ganekogorta.
** arroio Nocedal.
** arroio Azordoyaga.
* río [[Asúa]], que recibe os subafluentes:
** arroio de Derio.
** arroio de Lujua.
* río [[Galindo]], que recibe os subafluentes:
** río Castaños.
** arroio Ballonti.
* río [[Gobelas]], que recibe os subafluentes:
** Eguzkitza.
** Udondo.
 
== Historia ==
A historia da agora capital [[Biscaia|biscaíña]] e a ría atópanse fortemente ligadas: [[Bilbao]] naceu onde a ría comezaba a ser navegable e existía unha ponte que a cruzaba. Os primeiros indicios de poboación rexistráronse no ano [[1075]], cun grupo de pescadores que se reunían ao redor da pequena igrexa no territorio de [[Santurtzi]]. Desde ese momento, comezou un desenvolvemento vertixinoso de actividades comerciais marítimas ao longo da [[Idade Media]], incluída a fundación da vila de Bilbao no [[1300]] e a de [[Portugalete]] en [[1322]]. Nos séculos seguintes, o [[porto de Bilbao|porto]] consolidouse como o máis importante centro comercial do [[Señorío de Biscaia]], dirixindo as súas actividades primeiro co resto do continente [[Europa|europeo]], e máis tarde coas colonias americanas.
 
[[Ficheiro:Ataque al Puente de Luchana.jpg|left|thumb|[[Batalla de Luchana]] durante a [[Primeira Guerra Carlista]], entre os concellos de [[Bilbao]] e [[Erandio]].]]
No [[século XIX]] Bilbao viuse completamente saturada de poboadores e sen superficie cara a onde expandirse. Decidiuse entón iniciar o ''Ensanche'' da vila sobre a beira esquerda da ría, engadindo ao municipio a veciña anteigrexa de [[Abando]]. Isto foi unha realidade en [[1872]], baixo a supervisión do [[arquitecto]] [[Severino Achúcarro]] e os enxeñeiros Pablo de Alzola e Ernesto de Hoffmeyer. O desenvolvemento da industria mineira nos próximos montes de Miribilla e de Triano favoreceu a industria [[metalurxia|metalúrxica]] que se instalou na ría, o que significou un poderoso enriquecemento para a rexión.
 
Ata mediados do [[século XX]], os refugallos, tanto industriais como urbanos, eran arroxados indiscriminadamente ás augas contaminándoas. Desde os anos 80 veñen implementando proxectos de renovación e saneamento que, ademais de purificar as augas, embelecen as súas marxes. O plan de saneamento conseguiu que a taxa de oxigenación sitúese hoxe en torno ao 60%.
 
A ría converteuse no eixo do desenvolvemento urbanístico e turístico da cidade. A reordenación das zonas abandonadas tras a reconversión industrial, a construción nas súas beiras de boa parte dos novos edificios emblemáticos da vila e a urbanización e creación de paseos nas súas marxes así o testemuñan.
 
En xuño de [[2006]] declarouse oficialmente que o [[22 de xuño]] sexa conmemorado, con carácter local e anual, como o "''Itsadarra Eguna, Día da Ría''".
 
== As marxes ==
[[Ficheiro:Abandoibarra.jpg|thumb|200px|left|Paseo de Uribitarte ([[Bilbao]]).]]
Outrora as marxes esquerda e dereita do curso inferior da ría, nos arredores de Bilbao, eran opostas en canto ás súas características sociais: a dereita era residencial e a esquerda, industrial e obreira. En Bilbao, a diferenza reside en que mentres a marxe dereita conserva o seu valor histórico, a esquerda, completamente renovada, converteuse no centro económico da cidade, co seu epicentro na [[Gran Vía de Bilbao|Gran Vía de Don Diego López de Haro]] e a Praza Moyúa. Ambas as beiras experimentaron un desenvolvemento urbano impresionante, con interesantes lugares destinados ao goce de locais e visitantes.
 
=== Marxe dereita ===
[[Ficheiro:Calatravabilbao.jpg|thumb|200px|Zubizuri.]]
No termo de Bilbao pódense observar a torre da Catedral de Santiago e a igrexa de San Antón eríxese a metros das augas. Máis adiante atópase o Mercado da Ribera, o Teatro [[Arriaga]], o Concello e o paseo do Campo de Volantín. O edificio da [[Universidade de Deusto]] levántase sobre a Avenida das Universidades.
 
Máis abaixo aparecen os municipios de [[Erandio]] e [[Leioa]], que ao longo dos séculos XIX e XX foron perdendo parte do seu chan rural para aloxar industrias e vivendas de obreiros.
 
En [[Guetxo]], o barrio de Romo tivo un similar carácter obreiro, mentres que nos de Neguri e Las Arenas pódense apreciar algunhas fastuosas mansións da burguesía vasca.
 
=== Marxe esquerda ===
Na beira esquerda, dentro do termo de Bilbao atópanse [[Abando]], [[Indautxu]] e [[Zorrotza]].
 
A estación de Santander, os paseos de Uribitarte e Abandoibarra son percorridos polo seu ecolóxico [[Euskotran|tranvía eléctrico]] e chegan ao inconfundible [[Museo Guggenheim Bilbao]], símbolo da nova era que atravesa a cidade. Máis adiante, o complexo [[centro comercial Zubiarte]] ofrece compras, gastronomía e salas de cine. O [[Palacio Euskalduna]] despois, e máis tarde luxosos hoteis como o hotel Meliá de Bilbao e parques. Para rematar, o [[Museo Marítimo Ría de Bilbao]] ofrece exposicións referentes ao pasado ligado ao mar da vila.
 
Máis ao norte atópanse os municipios de [[Barakaldo]], [[Sestao]] e [[Portugalete]] e, na desembocadura, [[Santurtzi]] e [[Zierbena]].
[[Ficheiro:Guggenheim panoramic.jpg|thumb|centre|850px|Panorámica da marxe esquerda, co [[Museo Guggenheim Bilbao|Museo Guggenheim]] no centro.]]
 
== Inundacións ==
A situación da vila de Bilbao nun meandro do río encaixado entre montañas converteuna en vulnerable ás numerosas crecidas que tivo na súa historia, sufrindo varias inundacións (''aguaduchus'' no dialecto local).
 
A última de gravidade ocorreu en agosto de [[1983]]: o [[Río Nervión|Nervión]], do mesmo xeito que outros ríos da [[cornixa cantábrica]], sufriu graves crecidas logo de fortes tormentas, cun caudal de 600 l por m², equivalente a unha capa de auga de 60 cm. O [[26 de agosto]] a ría desbordouse en plena [[Semana Grande de Bilbao]]. A auga alcanzou os tres metros nalgúns puntos de [[Basauri]] e ata cinco en [[Bilbao]]. Máis dun centenar de municipios declaráronse zona catastrófica no [[País Vasco]], [[Cantabria]], [[Navarra]] e [[Provincia de Burgos|Burgos]]; 34 persoas perderon a vida por mor das riadas e cinco permanecen desaparecidas. Tamén se calcula que as perdas monetarias alcanzaron os 60.000 millóns das antigas pesetas (50.000.000[[Euro|€]]) en Bilbao e 200.000 millóns de pesetas (163.000.000€) no País Vasco.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Estuary of Bilbao|Ría de Bilbao}}
* [http://www.riabilbao2000.com Ría Bilbao 2000] {{es}}
* [http://www.bilbao.net Sitio Oficial do Concello de Bilbao] {{es}}
* [http://maps.google.com/maps?f=q&hl=es&q=Bilbao,+Espa%C3%B1a&ie=UTF8&ll=43.292201,-2.971802&spn=0.225403,0.686646&t=k&om=1 Ría de Bilbao desde Google Maps] {{es}}
 
[[Categoría:Bilbao]]