Pobos do Mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Dəniz xalqı
Servando2 (conversa | contribucións)
homónimos de Creta
Liña 14:
*Os '''[[Teresh]]''' ou '''Tursha''', algún autor pon en relación o seu nome co hebreo Tarshish e co hispánico [[Tartessos]].
*Os '''[[Shekelesh]]''' relacionáronse con Sicilia e os [[sículos]]. Este pobo chegaría á illa tras seren rexeitados en Exipto por [[Ramsés III]] nunha das maiores batallas navais da historia.
*Os '''[[Peleset]]''' son con case total seguridade os [[filisteos]] ou palestinos. Aínda que non aparecen na documentación de Hatti, a Biblia sitúaos procedentes de Kaftor, que podería ser [[illa de Creta|Creta]]. Presentan trazos micénicos, aínda que outros autores prefiren situar a súa orixe na Siria setentrional ou no Cáucaso.
*Os '''[[Tjeker]]''' lembran o nome de [[Teucro]], lendario fundador de Salamina en Chipre, epónimo dos [[teucros]] (na [[Tróade]]). Similares aos peleset, talvez procedían de Anatolia e foron mencionados polos hititas. Ao parecer foron a rama mariñeira dun grupo no que os peleset serían do interior.
*Os '''[[Denyen]]''' poderían ser os anatolios [[danuna]] mencionados en [[El-Amarna]]. A semellanza co nome [[dánaos]] relaciónaos cos aqueos, xa que é outro nome dos gregos micénicos. É posíbel que se aliaran cos peleset e os tjeker, compartindo con eles terras e asentamentos. Probabelmente fundíronse cos [[hebreos]] e, neste caso, serían as compoñentes do [[tribo de Dan]], que vivía do mar.