Miguel II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
homónimos de Creta
Liña 7:
Apoiara que o seu antigo compañeiro de armas fose nomeado emperador como [[León V o Armenio]] ([[813]]), pero, cando se descubriu que Miguel participara nunha conspiración contra este, foi condenado a morte en decembro de 820. Con todo, os seus partidarios tiveron éxito no asasinato do emperador León e sacaron a Miguel de prisión para colocalo no trono imperial como primeiro representante da dinastía amoriana.
 
O seu reinado caracterizouse por varios feitos: a loita contra o seu irmán Tomé, que tamén aspiraba ao trono ([[822]]-[[824]]); a conquista de [[illa de Creta|Creta]] polos árabes en [[823]], e o comezo dos ataques musulmáns contra [[Sicilia]] ([[827]]).
 
Malia as súas simpatías [[iconoclasta]]s, logrou conciliarse cos [[iconoclasta|iconódulos]] (adoradores de imaxes), pero non puido evitar a hostilidade dos monxes por mor do seu segundo matrimonio con [[Eufrosine]], filla de [[Constantino VI]], que fora ordenada monxa anteriormente.