Miguel III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: no:Mikael III
Servando2 (conversa | contribucións)
homónimos de Creta
Liña 2:
'''Miguel III''' ([[839]] - [[867]]), "o Borracho", neto de [[Miguel II]], sucedeu ao seu pai [[Teófilo]] como [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] cando só contaba con tres anos de idade en [[842]].
 
Durante a súa minoría, o Imperio foi gobernado pola súa nai [[Teodora, esposa de Teófilo|Teodora]], que malia as derrotas que sufriron os seus xenerais, conseguiu manter as fronteiras fronte aos musulmáns de [[Bagdad]] e [[illa de Creta|Creta]]. A rexente fixo gala do seu celo relixioso restaurando a veneración das imaxes en [[842]] e perseguindo aos herexes [[bogomilo]]s, pero descoidou completamente a educación do seu fillo. Por iso, Miguel converteuse nun neno consentido e caprichoso que caeu baixo a influencia do seu tío [[Bardas]], o cal o induciu a recluír a Teodora nun convento, de modo que Bardas puido asumir o poder en [[857]].
 
Bardas, trala usurpación, introduciu varias reformas internas e nas guerras da época Miguel desempeñaría un papel máis activo. Durante o conflito cos musulmáns no [[Éufrates]] ([[856]] - [[863]]), o emperador tivo que facer fronte a unha derrota persoal en [[860]], que sería compensada por unha gran vitoria por parte do seu tío Petronas en [[Asia Menor]]. En [[861]], Miguel e Bardas invadiron [[Bulgaria]] e lograron a conversión do seu rei ao [[cristianismo]].