Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 172:
[[Agatágetos]] tomou partido polos [[Antiga república romana|romanos]] e intentou convencer ao goberno da illa a aliarse con Roma, cara ao [[-171]], pero a illa permaneceu neutral. Logo da derrota de [[Perseo de Macedonia]] ([[-168]]) Rodas houbo de ceder moitos dos seus territorios a Roma, acusada de dar apoio ao rei macedonio. En [[-164]] asinou un tratado de amizade con Roma e a illa converteuse no centro de educación de moitos mozos de familias nobres romanas.
 
Nas [[Guerras Mitridáticas]] os rodios, aliados dos romanos, defendéronse contra os pónticos sen axuda e en premio [[Luculo]] devolveulle a Perea e algunhas illas. Na guerra civil entre [[Xulio César]] e [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] estivo á beira do primeiro e logo da morte de César opúxose tamén a [[Casio]];[ [Alexandre de Rodas]] o líder político de Rodas que dirixía o partido popular foi elevado ao cargo de ''[[Pritano]]'' en [[-43]], pero pouco despois Alexandre e o almirante Mnasees foron derrotados por Casio na batalla naval de [[Cnido]] e os republicanos entraron na cidade e mataron a todos os xefes hostís e venderon ou saquearon a propiedade publica incluíndo as ofrendas dos templos ([[-42]]).
 
[[Tiberio]] estivo alí desterrado uns anos antes de ser emperador. Baixo [[Claudio]] púxose fin ao seu status de nominal estado independente e foi incorporada á provincia de Asia. Aínda que máis tarde, recuperou a condición de estado nominalmente independente. Cara ao [[300]] foi incluída na [[Provincia das Illas]] (''Provincia Insularum'') da que foi capital.