Célula G: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Control-of-stomach-acid-sec.png|thumb|right|Control da secreción estomacal de ácido.]]
[[Ficheiro:G cell miguelferig.png|thumb|right|Esquema simplificado dunha célula G gástrica.]]
Unha '''célula G''' ou '''célula de gastrina''' é unha célula da parede interna do estómago que secreta a [[hormona]] [[gastrina]]. Funciona conxuntamente coas [[célula principal|células principais]] gástricas e coas [[célula parietal|células parietais]] ou oxínticas, e a súa misión principal é estimular a produción de [[ácido clorhídrico]] no estómago.
 
As células G atópanse na parte media das [[glándula gástrica|glándulas gástricas]] do [[estómago|antro do estómago]], no inicio do [[duodeno]] e no [[páncreas]] fetal. <ref>Medcyclopaedia - iv_1/g/G_cell [http://www.medcyclopaedia.com/library/topics/volume_iv_1/g/G_cell.aspx]</ref> Aínda que non son tan numerosas como outras células, o seu número total non é pequeno, e estimacións feitas na mucosa gástrica de cans, gatos e ratas dan unhas cifras de 500.000 células G por cm<sup>2</sup>.