Radiación de fondo cósmico de microondas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 18:
A radiación cósmica de fondo -RCF- é isotrópica (ten a mesma forma ou é regular) ata preto de unha parte entre 10<sup>5</sup>: a raíz cadrada da media das variacións (valor eficaz) é de só 18 μK. Despois de eliminar a anisotropía do dipolo, que é debida ao efecto Doppler na radiación de fondo de microondas, producida pola nosa velocidade peculiar (a do planeta Terra) en relación á estrutura cósmica inmóbel (ou referencial de repouso cósmico), que foi pois subtraída para fóra dos datos. Esta característica é consistente coa Terra movéndose a uns 627 quilómetros por segundo na dirección da constelación da virxe (Virgo). O instrumento ''FIRAS'' (en inglés ''The Far-Infrared Absolute Spectrophotometer'') que formaba parte do satélite espacial da NASA Cosmic Background Explorer (en acrónimo: COBE) mediu coidadosamente o espectro da radiación cósmica de fondo. Os membros do proxecto Firas compararon a RCF cunha referencia interna do espectro de corpo negro e os espectros atopados concordan dentro do nivel de erro experimental, concluíron que calquera desvío da forma do espectro de corpo negro que aínda pode pasar desapercibida no espectro CMB na franxa de lonxitude de onda 0,5-5 mm debe ter unha ponderación rms nun valor non superior a 50 partes por millón (0,005%) do brillo máximo CMB <ref>D. J. Fixsen ''e outros'', "The Cosmic Microwave Background Spectrum from the full COBE FIRAS data set", ''Astrophysical Journal'' '''473''', 576–587 (1996).</ref>. Isto fixo que o espectro da CMB sexa a medida do espectro de corpo negro máis precisa atopada na natureza.
 
A radiación cósmica de fondo é a principal predición do modelo cosmolóxico do Big Bang. Ademais, a cosmoloxía inflacionista prevé que despois de preto de 10<sup>-37</sup> segundos despois do nacemento do universo este sufriu un crecemento exponencial que suavizou case todas as heteroxeneidades. A excepción é a causada pola falta de homoxeneidade nas flutuacións cuánticas no campo inflaton. Isto foi seguido por unha quebra de simetría, un tipo de transición de fase, que deu lugar ao establecemento da forzas fundamentais e as partículas elementais na súa forma actual. Despois de 10<sup>-6</sup> segundos, o universo inicial estaba composto dun hot plasma quente de fotóns, electróns e [[barión]]s. Os fotóns interactuaban constantemente co plasma a través do Efecto Compton. Como o universo estábase a se expandir, o arrefriamento adiabático provocado polo plasma fresco rematou tornándose favorable para que os electróns se combinasen con protóns formando átomos de hidróxeno. Esa recombinación aconteceu preto dos 3000 [[Kelvin|K]], cando o universo tiña aproximadamente 379.000 anos de idade. Isto é equivalente a un corremento ao vermello (redshift) de z = 1,088. Neste momento, os fotóns non interactúan con átomos electricamente neutros e a luz (os fotóns) comezou a viaxar libremente polo espazo, dando coma resultado a disociación da materia e da radiación.
 
A temperatura (a cor) dos fotóns continuou a diminuír dende entón, agora ata 2,725 [[Kelvin|K]], a temperatura segue a caer consonte o universo se expande. De acordo co modelo do Big Bang, a radiación do ceo medida mostrase nunha superficie esférica, chamada superficie de pasado estendido. Isto representa a colección de puntos no espazo nos que o evento de disociación está acreditado que ía ocorrer, fai menos de 400.000 anos despois do Big Bang. A idade estimada do universo é 13.750.000.000 anos. Con todo, dado que o universo segue en expansión dende entón, a distancia da Terra ata a beira do universo observable agora, é polo menos de 46.500 millóns de [[Ano luz|anos luz]].