Jan van Eyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
O pintor e biógrafo de artistas florentino Giorgio Vasari, atribuiu a Jan Van Eyck unha das innovacións que máis consecuencias tería na pintura: Na sua edición do "Vite" deixou sentenciado que fora a orixe da pintura ao óleo.
Vasari conta que Van Eyck descobreu casualmente que os óleos son aptos como aglutinantes. E continua narrando a través da biografía de [[Antonello da Messina]] como esta nova técnica pictórica acabaría sendo coñecida na Italia.
 
A fortuna de tal aserto foi tal, que ao longo dos séculos tense reproducido como orixinal tal afirmación.
 
Carel van Mander, na súa obra Schilderboek (1604) califica aos irmáns Van Eyck como fundadores da arte holandesa. E narra as probas experimentais co aceites de linaza e noces na procura de vernices que sequen o máis axiña posible.
 
Incluso a Enciclopedia de Diderot e D`Alembert mantivo a afirmación sobre a orixe da pintura ao óleo.
 
En 1422, Jan van Eyck, converteuse en pintor ao servizo de Xoan de Baviera-Straubing, quen gobernaba desde 1418 os condados de Holanda e Seeland. En colaboración cos seus axudantes, traballa probablemente na decoración da corte de A Haia, a denominada corte interior.<br>