Formula One Group: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: a edición deste artigo procede da información de ca:Formula One Group
Liña 7:
 
== Historia ==
En 1974, a [[Asociación de Construtores de Fórmula Un]], ou FOCA, fundouse co fin de incrementar a organización comercial da Fórmula Un para o beneficio dos equipos de carreiras. En 1978, Bernie Ecclestone, converteuse en executivo da [[FOCA]] e loitou contra a [[Fédération Internationale du Sport Automobile]] (FISA) para o control dos dereitos comerciais de F1. As disputas resolvíanse en marzo de 1981, cando o [[Acordo da Concordia]] deu a FOCA o dereito de negociar os contratos de televisión. En virtude de acordos anteriores, os contratos de televisión non eran moi lucrativos e eran perigosos. Cando o Acordo da Concordia terminou en 1987, Bernie Ecclestone, deixou de ser propietario dun equipo e fundou a [[ Formula One Promotions and Administration ]] (FOPA), para xestionar os dereitos de televisión para os equipos. A FOPA máis tarde sería coñecida como [[Formula One Management]] (FOM). A FOPA recibiu o 49% dos ingresos de TV, os equipos o 1%, e o 50% restante foi para a FIA. A FOPA, recibiu todos os honorarios pagados polos promotores. A cambio a FOPA pagou premios aos equipos. Actualmente a FOA se queda un 23% dos beneficios televisivos. O 77% restante repartese un 47% para os equipos participantes, e un 30% para a FIA.
 
 
En 1995, a FIA decidiu outorgar os dereitos comerciais da F1 a Formula One Administration (xestionados polo FOM) para un período de 14 anos. A cambio, Ecclestone proporcionaría un pago anual. Co FOM tendo os dereitos exclusivos de equipos tan populares como [[McLaren]], [[WilliamsF1]] e [[Tyrrell Racing]], os equipos antes mencionados protestaron rexeitando o seguinte Acordo da Concordia en 1997. [[McLaren]], [[WilliamsF1]], [[Scuderia Ferrari]] e [[Renault F1]], fundaron [[GPWC Holdings]] e ameazaron formar unha franquícia de carreiras rival en 2008, cando o seu contrato terminou en 2007.
Liña 28 ⟶ 29:
 
=== Adquisición de CVC ===
En novembro de 2005 CVC Capital Partners anunciou que ía adquirir o 25% e o 48% das accións de Bambino e Bayerische Landesbank en SLEC e adquiriu as accións de JPMorgan Chase en decembro de 2005. Este acordo recibiu a aprobación pola Comisión Europea o 21 de marzo de 2006 e finalizou o 28 de marzo. Ecclestone utilizou os ingresos da venda da participación en Bambino Holdings para investir en Alpha Prema para dar á familia Ecclestone unha participación non especificada en Alpha Prema<ref>{{cite web|title=CVC confirms F1 buy-out|url=http://www.itv-f1.com/News_Article.aspx?PO_ID=35387|work=ITV-F1.com|publisher=[[ITC plc]]|accessdate=2001-02-20|archiveurl=http://web.archive.org/web/20070311183156/http://www.itv-f1.com/News_Article.aspx?PO_ID=35387|archivedate=2007-09-27|date=2006-03-29}}</ref> O 30 de marzo de 2006 CVC comprou a participación dun 14,1% de SLEC en poder de Lehman Brothers para dar Alpha Prema o control total de Formula One Group.
 
== Empresas do Grupo ==