Corda (instrumento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ru:Струна (музыка)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
=== Medidas ===
O [[ton (acústica)|ton]] dunha corda depende do seu peso e polo tanto do seu [[diámetro]] e a súa [[densidade]], é dicir, as súas [[medida]]s. Tradicionalmente o diámetro vén medido en milésimas de [[polgada]], isto é, en milésimas de [[milímetro]] pois o [[sistema métrico]] tamén é moi utilizado, ante todo en [[Europa]]. A maior tamaño da corda, maior é o seu [[peso]]. E a maior peso, precisarase unha maior [[enerxía]] para as mover, polo que oscilarán máis lentamente. Canto máis longas e máis pesadas, un son máis grave producirán. As cordas máis pesadas ademais, requiren unha tensión maior para a mesma altura do [[son]], ou sexa, para o mesmo ton e son, consecuentemente, máis difíciles de premer cos [[dedo]]s á hora de tocar. Se a un instrumento de trastes se lle trocan as cordas e se lle colocan diferentes medidas de corda, podería ser necesario axusta-la altura das cordas sobre os trastes, o que se chama "acción", co fin de facer máis simple de tocar ou evitar que as cordas produzan zunido contra os trastes. A "acción" de modifica-las alturas das cordas nos instrumentos sen trastes, pode ser tamén axustada para acomoda-la medida da corda como así tamén o estilo interpretativo desexado.
 
As cordas de aceiro para as guitarras convencionais usualmente veñen en conxuntos de cordas xa axustadas. Os conxuntos de cordas veñen xeralmente referidos ben polas medidas da primeira corda do instrumento ó que se lle vaian colocar, ben polo par de cordas primeira e última. Algúns fabricantes poden diferir doutros lixeiramente nas medidas. Os exemplos de datos de debaixo proceden das cartas de cordas de D'Addario para cordas regulares, recubertas e con aliaxe de [[níquel]] e prata.