Academia (institución): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
traducido de es:Academia
 
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
Liña 1:
[[Ficheiro:Mk01n101.jpg|thumb|A moderna Academia de Atenas, deseñada por Theofil Hansen e completada en [[1887]].]]
O termo '''Academia''' (do [[latín]] ''academia'', e este á súa vez do [[idiomalingua gregogrega|grego]] Ἀκαδήμεια ''akademeia'') no sentido máis estrito refírese á [[Academia de Atenas]] fundada, na [[Grecia antiga]], por [[Platón]]. Debe o seu nome a un heroe lendario da mitoloxía grega, [[Academo]].
 
Estaba situada nos arredores de [[Atenas]], ó nordeste, nuns terreos adquiridos por Platón ó redor do [[-384 a. C.|384 a. C.]] No devandito lugar atopábase un oliveiral, un parque e un [[gymnasium|ximnasio]]. A instrución alí impartida incluía [[matemáticas]], [[dialéctica]] e [[ciencias naturais]]. A Academia platónica existiu até o ano [[529]] cando o [[Imperio bizantino|emperador bizantino]] [[JustinianoXustiniano I]] ordenou a súa clausura xunto coas outras escolas gregas, por ser consideradas pagás. Actualmente, os restos das instalacións da Academia forman un conxunto [[arqueoloxía|arqueolóxico]] situado no barrio de Kolonos, a media hora do centro de Atenas.
 
A palabra academia designaba na súa orixe un corpo de profesores, unha escola onde se profesaba un ramo de ensino, especialmente do que se chama facultade maior. Por iso ó fundar as [[universidade]]s, reunindo todas ou gran parte das facultades, denomináronse ''academias'', nome que aínda se conserva en latín. En tempo de [[Augusto]] César, líanse composicións poéticas polos propios autores en asembleas ou xuntas privadas onde só eran admitidos homes doctos capaces de censuralas. O mesmo Augusto adoitaba recitar as súas composicións en tales xuntas e escoitaba cortés e pacientemente non só ós que nelas recitaban poesías senón tamén oracións e diálogos. Estes e outros testemuños que nos conserva a historia acreditan a reunión dos homes entendidos con obxecto de cultivar as letras e as ciencias en tempo dos romanos. [[Carlomagno]], a solicitude do seu mestre [[Alcuino]], promoveu unha reunión de amigos do mesmo monarca os cales cultivaban a [[gramática]], a [[historia]], a [[retórica]], e as [[matemáticas]]. No século seguinte fundou Alfredo en [[Oxford]] outra sociedade ou academia que como a dos árabes en [[Granada]] e [[Córdoba (España)|Córdoba]], era máis ben unha escola, que serviu de base para a universidade erixida no mesmo punto. Pero estas sociedades non poden considerarse como academias no sentido común da palabra, segundo as noticias que chegaron até nós.<ref name="Dicionario">''Diccionario de educación y métodos de enseñanza.'' Mariano Carderera. 1858</ref>