Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
==Descrición==
[[Ficheiro:Cultured schwann cell.jpg|thumb|left|alt=Schwann cell.|Célula de Schwann en cultivo.]]
As células de Schwann reciben o seu nome do fisiólogo alemán [[Theodor Schwann]], que as estudou. Son un tipo de [[célulascélula deda glía|células gliais]] que manteñen vivas as fibras nerviosas periféricas (tanto mielínicas coma amielínicas). Nos [[axón]]s mielinizados, as células de Schwann forman a [[vaíña de mielina]]. Esta vaíña non é continua. Unha célula de Schwann mielinizante pode cubrir uns 100 [[micrómetro]]s dun axón, os cales poden ter un metro ou máis de lonxitude. Isto supón unhas 10.000 células de Schwann por cada metro de axón, dispostas como unha ringleira de [[salsicha]]s. O espazo que hai entre unha célula de Schwann e a seguinte denomínase [[nodo de Ranvier]].
O funcionamento do [[sistema nervioso]] dos [[vertebrado]]s depende da vaíña de mielina para asegurar o illamento eléctrico e diminuír a [[capacitancia]] da membrana do axón. O [[potencial de acción]] salta dun nodo de Ranvier a outro, nun modo de propagación chamado [[condución saltatoria]], o cal pode incrementar a velocidade de condución ata dez veces, sen que se teña que aumentar o diámetro do axón. Neste senso, as células de Schwann fan no sistema nervioso periférico unha función análoga á que fan os [[oligodendrocito]]s no [[sistema nervioso central]]. Porén, a diferenza dos oligodendrocitos, cada célula de Schwann mielinizante illa electricamente un só axón. Esta disposición das células permite a condución saltatoria dos potenciais de acción polos [[nodo de Ranvier|nodos de Ranvier]]. Deste modo, a mielinización incementa enormemente a velocidade de condución e aforra enerxía.<ref>Kalat, James W. Biological Psychology, 9th ed. USA: Thompson Learning, 2007.</ref>