Bárbaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: sq:Barbarët
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
Liña 1:
'''Bárbaro''' é un [[autónimo#Autónimos que substitúen a exónimos pexorativos|exónimo pexorativo]] que procede do [[idiomalingua gregogrega|grego]] e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou [[onomatopea]] (''bar-bar-'' semellante a ''bla-bla-''). Existen escritos, como os de [[Isócrates]], que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento.
 
Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o [[Imperio Romano]]. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en [[Europa]] as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.