Quenya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 39:
*'''Escrita:''' Tolkien desenvolveu a escrita ''[[Tengwar]]'' para a maioría das linguas da ''Terra Media'', aínda que tamén empregou para algunhas un alfabeto [[runa|rúnico]], baseado no aspecto do anglosaxón. É un tipo de escrita considerada moi fermosa, e está descrita polo seu autor nos anexos d'''[[O Señor dos Aneis]]''.
*'''Sistema nominal:''' Polo xeral, os substantivos en quenya carecen de [[xénero gramatical]]. No apartado do [[número gramatical]], o quenya evidencia un ''singular'' e tres tipos de ''plural'': o ''simple'', o ''dual'', e o ''partitivo''. Ó igual que nas linguas clásicas, por exemplo o [[latín]], en quenya existe o fenómeno da [[declinación (gramática)|declinación]] nominal. Os [[caso gramatical|casos]] dos dous modelos quenya de declinación nominal son: [[caso nominativo|nominativo]], [[caso acusativo|acusativo]], [[caso instrumental|instrumental]], [[caso xenitivo|xenitivo]], [[caso alativo|alativo]], [[caso locativo|locativo]], [[caso ablativo|ablativo]], [[caso dativo|dativo]] e [[caso adesivo|respectivo]].
*'''Sistema verbal:''' Existen tres [[modo verbal|modos verbais]] en quenya: [[modo indicativo|indicativo]], [[modo imperativo|imperativo]] e [[modo subxuntivo|subxuntivo]]. O primeiro evidencia os [[tempo verbal|tempos]] de ''aoristo'' ''presente'', ''futuro'', ''pasado simple'' e ''pasado perfecto'', sospeitándose igualmente outros tempos, sen quedar pechado definitivamente o catálogo dos mesmos. O imperativo e o subxuntivo constrúense de forma analítica. AparteA parte do ''modo'' e o ''tempo'', os verbos quenya contan cos accidentes de ''número'' e ''persoa''. Outras características interesantes son a existencia de verbos compostos mediante preposicións, ou a construción de formas de ''frecuentativo'' por reduplicación do radical verbal.
*'''Sintaxe:''' A orde non marcada en quenya é SVO (suxeito-verbo-obxecto) con bastante liberdade posicional debido ó uso de casos.