Célula caliciforme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
==Características==
[[Ficheiro:Globet cell miguelferig.png|thumb|leftright|100 px|Esquema simplificado dunha célula caliciforme.]]
Células con forma de copa coa rexión apical, chamada teca, dilatada e a basal, chamada talo, estreita. A parte superior está chea de gránulos de mucíxeno. Na parte basal está o núcleo aplanado e un citoplasma moi [[basófilo]], con cisternas do [[retículo endoplasmático]] paralelas á base e laterais da célula, e un voluminoso [[aparato de Golgi]] entre o núcleo e os gránulos de mucíxeno, e mitocondrias. A superficie libre pode ter algúns ''microvilli'', pero o resto da membrana é case liso. Os gránulos de mucíxeno orixínanse no aparato de Golgi, están rodeados de membrana e poden fusionarse con outros e coa [[membrana plasmática]]<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 651-653. ISBN 84-7605-361-4 </ref>. Utilizan tanto os modos de secreción [[apócrina]] coma a [[merócrina]].