Hecatonquiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mk:Хекатонхири
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
Liña 1:
Na [[mitoloxía grega]] os '''Hecatonquiros''' ou '''Hecatonqueros''' (en [[idiomalingua gregogrega|grego]] Έκατόνχειρες ''Hekatonkheires'' ou Έκατόνταχειρας ''Hekatontakheiras'', 'os de cen mans'), coñecidos tamén como '''Centimanos''' (do [[lingua latina|latín]] ''Centimani''), eran [[xigante]]s con cen brazos e cincuenta cabezas, fillos de [[Gaia]] e [[Urano (mitoloxía)|Urano]]. O seu pai arroxounos ao [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]], pero foron rescatados por [[Crono]], ao que axudaron a castrar e derrocar a Urano. Tras axudar a Crono, este encerrounos de novo no Tártaro, onde permaneceron gardados por [[Campe]] ata que [[Zeus]] os rescatou. Durante a [[Titanomaquia|Guerra dos Titáns]], arroxaban rocas de cen en cen aos [[Titáns]].
 
Ao terminar a guerra os Hecatonquiros establecéronse en palacios no río [[Océano (mitoloxía)|Océano]], converténdose nos gardiáns das portas do Tártaro, onde Zeus encerrara aos Titáns. Na ''[[Ilíada]]'' hai unha historia, que non se atopa en ningún outro sitio, que conta que nalgún momento os deuses estaban intentando derrocar a Zeus, e este chegou a ser encadeado por [[Hera]], [[Atenea]] e [[Poseidón]], pero fracasaron cando [[Tetis (nereida)|Tetis]] invocou aos Hecatonquiros e estes acudiron na súa axuda. Ás veces considéraselles deidades do mar, e poida que proveñan dos ''pentekonter'', barcos con cincuenta remeiros.