Bruto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Oilisab (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
Liña 11:
 
== O asasinato de César e as súas consecuencias ==
Conservador por natureza, Bruto nunca tratou de esconder as sus conviccións políticas. Casado coa filla de Catón, a sua prima irmá [[Porcia]] escribiu un texto louvando as cualidades do seu sogro, xa falecido. César estaba moi encariñado con el e respetaba moito as suas opinións. Non obstante, Bruto, como outros moitos senadores, non estaba satisfeito co estado da [[Roma (República)|República]]. Ceśar fora nominado [[ditador]] perpetuo, e aprobara varias leis que concentraban o poder nas suas mans. Bruto comezou unha conspiración contra Ceśar xunto co seu cuñado e amigo [[Casio|Caio Casio Longino]] e outros senadores. Nos ''idus'' de marzo ([[15 de marzo]] do [[-44]], un grupo de senadores, incluindo a Bruto, asasinaron a César na ''[[Curia Pompeia]]''. Na obra de [[William Shakespeare]] ''Xulio César'', o ditador dirixe as súas famosas últimas palabras a Bruto: ''Tu quoque, Brute, fili mi'' (Ti tamén, Bruto, fillo meu) ou tamén ''Et tu, Brute'' (e ti tamén, Bruto?). [[Suetonio]] afirma que César dixo, en [[Idiomalingua gregogrega|grego]], ''Kai su, teknon''? (Incluso ti, fillo meu?) (''De Vita Caesarum'', Liber I Divus Iulius, LXXXII).
 
Tras o asasinato, demostrouse que a cidade de [[Roma]] estaba contra os conspiradores, xa que a maior parte da poboación amaba a César. [[Marco Antonio]] decidiu aproveitarse da situación e no [[20 de marzo]] falou airadamente dos asasinos no eloxio fúnebre de César. A partir de entón Roma deixou de ver os conspiradores como salvadores da República e foron acusados de traizón. Bruto e os seus compañeiros fuxiron ata Oriente. En [[Atenas]] Bruto dedicouse ao estudo da [[filosofía]] e a obter fondos para financiar un exército para a guerra que se aproximaba. [[César Augusto|Octaviano]] e Marco Antonio marcharon cos seus exércitos contra Bruto e Casio. Ambos os exércitos encontráronse na dobre [[batalla de Filipos]] ([[-42]]). Despois do primeiro encontro, Casio suicidouse, e tras o segundo encontro, xa derrotado, Bruto fuxiu cos restos do seu exército. A piques de ser capturado, Bruto suicidouse tirándose sobre a su espada. Marco Antonio honrou o seu enemigo caído, declarándoo o romano máis nobre. Mentres que outros conspiradores actuaron por envexa e ambición, Bruto creu que actuaba polo ben de Roma.