Tifón (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eo:Tifeo
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma grego > lingua grega
Liña 11:
O ''[[Himno homérico]] a [[Apolo]]'' fai do monstro Tifaón en [[Oráculo de Delfos|Delfos]] un fillo da arcaica [[Hera]] na súa forma [[Minos|minoica]], xerado por ela soa, como unha versión monstruosa de [[Hefesto]], parido nunha cova de [[Cilicia]] e confinado alí na misteriosa terra de [[Arimos]] (''[[A Ilíada]]'', ii. 781-783). Foi en Cilicia onde Zeus loitou co antigo monstro e derrotouno, nunha complicada batalla: Tifón atacou a Zeus coas súas chamas, derrotándoo temporalmente, cortándolle os tendóns e deixándoo nun saco de coiro, o ''korukos'', que é a orixe etimolóxica de ''korukion atron'', a [[cova Coricia]]. A rexión de Cilicia, no sueste de [[Anatolia]], tivo moitas oportunidades de relacionarse cos [[hititas]] do norte. [[Walter Burkert]] advirte algunhas coincidencias próximas desta historia co mito hitita de [[Iluyanka]].
 
O inveterado inimigo dos [[deuses olímpicos]] foi finalmente derrotado por Zeus e arroxado ao Tártaro, ou encerrado baixo o volcán [[Etna]] ([[Esquilo]], ''Prometeo encadeado'' 370; [[Píndaro]], ''Píticas'', I. 19-20) onde «o seu leito raspa e aguilloa todo o longo das súas costas estendidas contra el», ou noutras rexións volcánicas, onde é o causante das erupcioneserupcións.
 
Tifón é pois a figuración [[ctónico|ctónica]] das forzas volcánicas, como Hefesto ([[Vulcano]] na [[mitoloxía romana]]) é a manifestación olímpica.
 
Entre os fillos de Tifón con [[Equidna (mitoloxía)|Equidna]] están [[Cerbeiro]], [[Ortro]], a [[Quimeira (mitoloxía)|Quimeira]], a [[Esfinxe (mitoloxía)|Esfinxe]], a [[Hidra de Lerna]], o dragón [[Ladón (dragón)|Ladón]], o [[León de Nemea]], a [[Aguia de Prometeo]], o [[Dragón da Cólquida]] e a [[Porca de Cromio]]. Tamén é o pai dos cálidos e perigosos ventos (do [[Idiomalingua gregogrega|grego]] ''typhein'', 'fumar'), polo que é considerado como unha posible [[etimologíaetimoloxía]] para a palabra «[[tifón]]», supostamente tomada polos [[Persia|persas]] como طوفان ''Tufân'' e polos [[árabe]]s para incluír as tormentas [[ciclón]]icas do [[Océano Índico]].
 
Escritores helenísticos posteriores identificaron a Tifón co [[mitoloxía exipcia|deus exipcio]] [[Set (mitoloxía)|Set]], e os investigadores relixiosos identifícano co [[arcanxo]] [[Sandalfón]].