Polaqia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m álbumes -> álbums
+1 dato
Liña 1:
'''Polaqia''' é un colectivo galego de autores de [[banda deseñada]] nacido no ano 2001 e que ten por obxecto a promoción, creación e difusión de banda deseñada. O seu principal medio de acción é o fanzine ''[[Barsowia]]'' (do cal xa levan 11 números) e que define a súa visión da banda deseñada tanto no estético como no organizativo. O colectivo tamén ven editando diferentes publicacións de autores galegos como poden ser ''APB'' (''A Prueba de Balas'') de [[Emma Ríos]], ''Alter ego'' de [[Alberto Vázquez]], ''Tanque Familiar'', ou ''Pinche Mundo''.
 
No verán de 2008 destacou un encontro do colectivo galego co colectivo [[Calavera Cómics]] de [[Nova York]], que permitiu que os álbums de Polaqia estivesen á venda no [[MoCCA]] (Museo do Cómic de New York) durante a celebración dun dos festivais de BD independente máis importante dos [[EUA]]. En troques obras do colectivo Calavera poderán ser adquiridas no posto de Polaqia na edición deste ano do [[Viñetas do Atlántico]].