Préstamos da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
correccións
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
== Orixe dos préstamos ==
*'''[[Occitano]]''' ([[occitanismo]]): datan do período [[Idade Media|medieval]], cando o [[lingua occitana|occitano]] era unha importante lingua de cultura. Así moitos dos termos relaciónanse co [[trobadorismo]] mais tamén doutros ámbitos: ''funil'' e ''trobador''.
 
*'''[[Lingua francesa|Francés]]''' ([[galicismo|galicismos]]): a presenza de galicismos no galego é moi antiga e moi notábel no período medieval polos contactos polo [[Camiño de Santiago]] ou pola importancia de ordes relixiosas como a de [[Cluny]] e posteriormente polo seu ''status'' de [[lingua internacional]]. Son [[galicismo]]s no galego: ''blusa'', ''chapeu'' ou ''cisne''
 
*'''[[Lingua amerindia|Linguas amerindias]]''' ([[americanismo|americanismos]]): xeralmente designan realidades descoñecidas. A súa introdución foi por medio das linguas colonizadoras, o [[lingua portuguesa|portugués]] e fundamentalmente o [[lingua castelá|castelán]]: ''canoa'', ''cacique'' ou ''chicle''.
 
*'''[[lingua inglesa|Inglés]]''' ([[anglicismo|anglicismos]]): a súa introdución prodúcese cando substitúe o francés como lingua internacional. Os anglicismos pertencen ao campo da [[informática]] (''chip'', ''rato'', ''pen''), dos [[deporte|deportes]] (''fútbol'').
 
*'''[[lingua castelá|Castelán]]''' ou [[castelanismo|castelanismos]]: coa incorporación do [[Reino de Galiza]] na [[Coroa de Castela]] a influencia do castelán no galego irá a máis. Son castelanismos: ''guerrilla'' ou ''bocadillo''. Porén, a diferencia destes préstamos necesarios, moitas das novas palabras viñeron substituír outras existentes xa en galego como ''abuelo'' no canto de ''avó'' ou ''iglesia'' en vez de ''igrexa''.
 
*'''[[lingua catalá|Catalán]]''': débense fundamentalmente á presenza de cataláns a partir do século XVIII na nosa industria pesqueira e conserveira. Moitos destes vocábulos son termos pesqueiros como: ''bou'', ''xávega'' ou ''remolcar''.
 
*'''[[lingua latina|Latín]]''' e '''[[lingua grega|grego]]''' ([[cultismo|cultismos]]): son as palabras introducidas no [[lingua galega|galego]], cando estaba xa constituída como idioma. A maioría delas entraron a partir do século XV: ''capilar'', ''cátedra''...
 
==Véxase tamén==