Diferenzas entre revisións de «Morgado»

m
sen resumo de edición
(Toro -> Toro, España)
m
O '''morgado''' é a práctica de repartir a [[herdanza]] de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito varón. O morgado instaurouse na [[Galiza]] na [[Baixa Idade Media]] como parte do proceso da [[formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval]]. Estes bens tiñan carácter inalienábel e indivisíbel, debendo permanecer para sempre no seo da [[familia]].
 
== Historia e características ==
Institucións similares existiron noutros países europeos, dando lugar á posición social da [[aristocracia]], de forma que o groso do patrimonio dunha familia non se diseminaba, senón que só podía aumentar. Estas institucións non eran exactamente o mesmo, asi o ''majorat'', instituído por Napoleón e regulado no estatuto do [[1 de marzo]] de [[1808]] como forma de transmisión dos títulos de nobreza e os seus bens asociados. Na comunidade polaco-lituana, o seu nome era ''ordynacja'' e foi introducido a finais do século XVI polo rei Stefan Batory.
 
===O ''mayorazgo'' castelán===
O ''mayorazgo'' é creado mediante as Leis de [[Toro, España|Toro]] en [[1505]], baixo o reinado dos [[Reis Católicos]] (malia que a raíña xa morrera, deixara estabelecida a súa vontade no testamento). A súa función era controlar o fraccionamento dos bens dun nobre que producían as herdanzas e as vendas, como un medio de manter o seu poder económico. Algunhas familias da incipiente burguesía castelá acolléronse tamén a esta figura legal.
 
A institución do ''mayorazgo'' foi a culminación dunha serie de privilexios outorgados aos nobres casteláns por [[Henrique IV de Castela]], quen foron logo os principais favorecidos no outorgamento de cargos de goberno polos Reis Católicos. O estamento nobiliario castelán fíxose así máis poderoso e influente que o dos outros reinos que compuñan os seus dominios.
 
===Decadencia====
Este sistema de vinculacións económicas foi criticado no ''Informe no Expediente da Lei Agraria'' escrito por [[Gaspar Melchor de Jovellanos]] a pedido da Sociedade Económica de Amigos do País madrileña, cuxa consecuencia directa foi a [[desamortización]] de [[Manuel Godoy]] en [[1798]].
 
A partir dese momento, con contadas excepcións, as subdivisións por herdanza da maioría das grandes casas españolas fixeron que perdesen paulatinamente o seu pasado esplendor e poder.
 
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
* García Cárcel, Ricardo y otros; ''Historia de España. Tomo 5: A España d século XVI''; Espasa; España.(en castelán){{es}}
 
[[Categoría:Idade Media de Galicia]]
44.554

edicións