Manuel Chamoso Lamas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Chamozo naceu na Habana, fillo de emigrantes, pero dende os catro anos residiu en Galicia na casa petrucial de [[Moldes, Boborás|Moldes]], a carón do pazo de [[Losada Diéguez]], quen lle deu clase. Cursou o bacharelato no instituto de Pontevedra, onde recibiu clases de debuxo de Castelao. Obtivo o doutoramento de Filosofía e Letras e Direito en Compostela e Madrid, onde foi alumno de [[Eugenio D'Ors]] e [[Ortega y Gasset]].
 
AoDe cultura fascista convencido, ao estalar a [[Guerra Civil Española|Guerra civil]] entra en filas, incorporandose ao "Servicio Militar de Recuperación" nos frentes de Madrid e Levante cunha misión que consistía na recuperación do Patrimonio Cultural.
 
Ao finalizar a guerra dedícase á recuperación dos tesouros do patrimonio artístico xunto con Graciano Macarrón, o marqués de Lozoya, e o que logo sería o arquitecto do Valle dos Caídos, Muguruza.