Andreu Nin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vagobot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: el:Αντρές Νιν
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Malia as súas modestas orixes —era fillo dun zapateiro e dunha campesina—campesiña—, conseguiu, grazas ao esforzo dos seus pais e á súa intelixencia, chegar a ser mestre e trasladarse a [[Barcelona]], pouco antes da [[Primeira Guerra Mundial]]. Aínda que foi mestre durante un tempo, nunha escola laica e libertaria, pronto dedicouse ao periodismo e á política.
 
O ano [[1917]] foi clave para a súa vida. Sucesos como a folga xeral de agosto, a [[Revolución de Outubro|Revolución Rusa]] ou as loitas entre a patronal barcelonesa e os sindicatos, e sobor de todo a [[CNT]], marcáronlle fondamente. Se ben integrouse primeiro nas ringleiras do Partido Socialista Obrero Español, [[PSOE]], pronto apertou a causa do sindicalismo revolucionario, ingresando na [[CNT]]. Tras asistir ao segundo congreso da [[CNT]] en [[1919]], onde defendeu o ingreso da [[CNT]] na [[III Internacional]] (a [[Internacional Comunista]]), substituíu a Evelio Boal, secretario do Comité Nacional da [[CNT]] que fora asasinado.
 
No pleno nacional da [[CNT]] celebrado o [[28 de abril]] de [[1921]], foi elixido delegado para asistir ao terceiro congreso da [[III Internacional]] e ao congreso fundacional da [[Internacional Sindical Roxa]] ([[Profintern]]), convertendoseconverténdose nun personaxe clave de ambas internacionais (mentres tanto, en [[1922]], a [[CNT]] abandonara a [[III Internacional]]).
Viviu durante un tempo en [[Moscova]], onde pertenceu ao equipo de [[Lev Trotski]] durante un tempo. A partires de [[1926]], pertenceu á [[Oposición de Esquerdas]] dirixida por Trotski para opoñerse ao ascenso de [[Stalin]] dentro do [[Partido Comunista da Unión Soviética]], tendo que abandona-la [[URSS]] en [[1930]].
 
Á súa chegada a España, Nin foi clave na formación dun grupo de orientación bolxevique-leninista, a [[Izquierda Comunista de España]] (maio de 1931), grupo afiliado á [[Oposición de Esquerdas Internacional]], publicando tamén o xornal ''El Soviet''. Con todo, a “[[Izquierda Comunista]]” era un grupo pequeno e ailladoillado. Nesta época, houbo diverxencias con Trotski, especialmente cando lle aconsellou que o seu partido se integrase nas [[Juventudes Socialistas]] para aumentar as forzas á súa disposición.
 
Formou parte da [[Alianza Obrera]] e colaborou nos [[Folga xeral revolucionaria de 1934|sucesos de outubro de 1934]] en [[Cataluña]]. Ao fusionarse o seu grupo co [[Bloc Obrer i Camperol]] para fundar o [[POUM]] ([[Partido Obrero de Unificación Marxista]]) (1935), foi nomeado membro do comité executivo do novo partido e director da súa publicación, ''La Nueva Era''. Foi tamén elixido secretario xeral da “[[Federación Obrera de Unidad Sindical]]” ([[FOUS]]) en maio de 1936.
 
Ao estoupar a [[Guerra Civil Española]] converteuse no máximo dirixente do POUM e, tras formar parte do Consell d'Economia de Catalunya (entre agosto e setembro de 1936), foi conselleiro de xustiza e dereito da constituída [[Generalitat]] (ata nadal dese ano) ata que o destituíron debido ás presións comunistas.
 
Finalmente, a medida que as tensións antitrotskistas fixéronse máis evidentes, azuadas polo [[PCE]] e o [[PSUC]] (rama catalana do partido comunista), e tralos [[sucesos de maio de 1937]] en [[Barcelona]], foi detido pola policía política soviética ás ordes de [[Stalin]], que actuaba clandestinamente na zona republicana coa conivencia dos mandos comunistas na policía e o goberno (xuño de 1937). Foi o día 16 de xuño (o mesmo día que foi declarado ilegal o POUM) cando a policía detivo a Andreu Nin xunto con [[Julián Gómez]] (“Gorkin”), Enric Adroher, Jordi Arquer e outros dirixentes do [[POUM]]. As ordes das detencións estaban asinadas polo xefe superior de Policía, pero de seguida fixéronse cargo dos detidos os servizos de seguridade soviéticos, que os levaron a Madrid, á checa da rúa Atocha, instalada nunha igrexa. A Nin se lle separou dos seus compañeiros dende o comezo e foi trasladado a [[Madrid]] e, dende alí, a [[Alcalá de Henares]], onde foi interrogado pola policía secreta os días 18, 19 e 20 de xuño. Pese ás torturas de [[Orlov]] e os seus homes, Andreu Nin negou toda complicidade de espionaxe fascista. Sacado irregularmente do cárcere de Alcalá, foi levado a un pequeno chalet ás aforas da cidade. Este chalet ía ser escenario dunha das montaxes estalinistas máis chapuceraschapuceiras. Un grupo de soldados alemáns das [[Brigadas Internacionais]], aparentando ser homes da [[Gestapo]], entraron no chalet coa intención de rescatar a Nin. No forcexeo dos presuntos nazis cos gardiáns de Nin caeu oportunamente unha carteira que contiña documentación alemá, insignias nazis e billetes españois do bando franquista. Esta representación era co gallo de demostrar que Nin tiña relación co bando fascista, e que fora rescatado por eles. Esta versión foi tida como a verdadeira oficial do partido [[PCE]]. Mais na realidade, [[Orlov]] e os seus homes torturaron, asasinaron e enterraron o cadáver nalgún lugar de [[Alcalá de Henares]] que segue sen se descubrir.
 
Segundo os expertos da súa obra teórica e da súa actividade política, Andreu Nin era dos poucos dirixentes revolucionarios cunha sólida base intelectual.
 
{{Sucesión | título = [[Secretario Xeral da CNT]] | período = marzo - maio 1921 | predecesor = [[Evelio Boal]] | sucesor = [[Joaquín Maurín]]}}
== Obras ==
* Les dictadures dels nostres dies (''As ditaduras dos nosos días'') ([[1930]])
* Els moviments d'emancipació nacional (''Os movementos de emancipación nacional'') ([[1935]])
* Traduciu ó catalán e ó castelán importantes obras rusas e as obras de [[Trotski]].
 
== Obras ==
== Ligazóns externas ==
* Les dictadures dels nostres dies (''As ditaduras dos nosos días'') ([[1930]])
* [http://www.fundanin.org Fundación Andreu Nin]
* Els moviments d'emancipació nacional (''Os movementos de emancipación nacional'') ([[1935]])
* Traduciu ó catalán e ó castelán importantes obras rusas e as obras de [[Trotski]].
 
==Véxase tamén==
{{Sucesión | título = [[Secretario Xeral da CNT]] | período = marzo - maio 1921 | predecesor = [[Evelio Boal]] | sucesor = [[Joaquín Maurín]]}}
== =Ligazóns externas ===
* [http://www.fundanin.org Fundación Andreu Nin]
 
{{DEFAULTSORT:Nin, Andreu}}
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Sindicalistas]]
[[Categoría:Secretarios Xerais da CNT|Nin]]
[[Categoría:Tradutores de España]]
[[Categoría:Tradutores ao catalán]]