Precesión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
 
== Historia ==
A precesión foi coñecida na antigüidade, foi o astrónomo grego [[Hiparco de Nicea]] o primeiro que a calculou no ano [[-130|-130]], ao descubrir que seus cálculos respecto da posición da estrela "Spica" en relación a posición do sol no equinoccio de outono non se correspondian cos feitos polos astrónomos [[Timocares de Alexandría|Timocares]] e [[Aristilo]] 169 anos antes, que estaban desfasados respecto dos seus uns dous [[grao]]s, tal como nolo conta [[Tolomeo]] no "Almagesto". Como se pode observar o cálculo de Hiparco <math>2/169= 0.01183</math> era moi próximo ao actual (tendo en conta ademais que o valor da precesión e variable). Hiparco concluíu pois que o punto de Aries precedía mais de 1[[grao|º]] por século, pola mesma razón denominouno precesión dos equinoccios. Dentro do modelo xeocéntrico, o eixo atopábase no ceo que xiraría arredor da Terra e o polo na terra, o modelo defendido por Tolomeo, por iso aínda hoxe falamos de polo norte e polo sur terrestres; e pola mesma razón, falamos de precesión dos equinoccios cando o que precesiona é o planeta [[Terra]] repectorespecto dos puntos equinocciais previos.
 
Sería [[Isaac Newton]] o que postulase que a causa principal da precesión debíase ao achatamento da terra no ecuador, feito que se comprobaría mais tarde experimentalmente.