Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
[[Ficheiro:Solpor en Muxía, Galiza.jpg|thumb|300px400px|Solpor en [[Muxía]]]]
[[Ficheiro:angulo_orto_ocaso.svg|right|thumb|400px|Diagrama do Sol ao solpor, mostrando os efectos da refracción atmosférica.]]
[[Ficheiro:Nightfall europe-and-afrika 20050507-184500.jpg|thumb|300px|Esta imaxe mostra os continentes de [[África]] e [[Europa]] e a liña de penumbra, onde os seus habitantes verían a posta de Sol]]
Un [[astro]] está no '''ocaso''' cando atravesa o plano do [[horizonte]] pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa [[altura (astronomía)|altura]] é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do [[Sol]] chamase '''solpor''' e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é [[orto]].
En [[primavera]] e [[verán]] para o '''hemisferio norte''' ponse entre o oeste e o norte ([[declinación (astronomía)|declinación]] positiva); en [[outono]] e [[inverno]] o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o '''hemisferio sur''' é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).
 
== Efectos da refracción atmosférica ==
A [[refracción]] pola [[atmosfera]] dos raios luminosos do Sol motiva que vexamos luz cando o Sol xa se puxo: [[crepúsculo]] vespertino. Dita [[refracción]] alonga o [[día]] e acurta a [[noite]].
 
 
A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol xa non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos o sol, cando está a 0,83[[Grao|º]] por embaixo do horizonte real cando o vemos poñerse ao solpor.
Medido dende o mediodía local, o ocaso caracterízase polo ángulo horario Φ, onde:
 
:<math>\cos{\phi} = \tan{\lambda} \tan{\delta} \,</math>
 
sendo λ a latitude do lugar, e δ a declinación solar. No orto acontece nun ángulo horario -Φ.
 
O termo [[crepúsculo]] vespertino é unha descrición verbal do mesmo fenómeno físico xusto despois da posta do sol, alongando a duración do día despois do solpor.
 
== Véxase tamén ==
2.389

edicións