Translación da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m arranxo enlaces
Liña 5:
Tomando como referencia o lapso transcorrido entre un inicio da [[primavera]] e outro, cando o Sol atópase no [[Punto Aries|punto vernal]], o ano trópico dura 365 días 4 horas 48 minutos e 46 segundos. Este é o ano utilizado para realizar os [[calendario|calendarios]].
 
A órbita ten un perímetro de preto de 930 millóns de [[quilómetro]]s, cunha distancia promedio ao Sol de preto de 150.000.000 km, distancia que se coñece como [[Unidade astronómica|Unidade Astronómica]] (U.A.). Disto de deduce que a Terra desprázase no espazo a unha velocidade de 106.000 km por hora ou 29,5 km por segundo.
 
O feito de que a órbita sexa elíptica fai que a Terra nalgún momento estea no lugar da órbita máis afastado do Sol, denominado [[afelio]], feito que se pruduce en xullo. Nese punto a distancia ao Sol é de 151.800.000 km. De xeito análogo, o punto da órbita máis próximo ao Sol denomínase [[perihelio]] e ocorre en xaneiro, cunha distancia de 142.700.000 km. A situación da Terra no afelio e no perihelio correspóndese cos [[solsticio]]s de verán e inverno.