Jan van Eyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Ян ван Эйк
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Jan van Eyck 091.jpg|thumb|250px|<center>''O home do turbante vermello'';<br />posíbel autorretrato de [[Jan van Eyck]]</center>]]
[[Ficheiro:Van Eyck - Arnolfini Portrait.jpg|thumb|[[O matrimonio Arnolfini]], [[1432]]. O único retrato dobre e de corpo enteiro feito por van Eyck. Na vista ampliada pódese ver no espello o retrato do propio van Eyck]]
'''Jan van Eyck''', nado contra [[1385]] presumiblemente en Maaseyck e finado en [[1441]], foi un pintor [[Flandres|flamengo]].
 
En 1422, Jan van Eyck, converteuse en pintor ao servizo de Xoan de Baviera-Straubing, quen gobernaba desde 1418 os condados de Holanda e Seeland. En colaboración cos seus axudantes, traballa probablemente na decoración da corte de A Haia, a denominada corte interior.
En 1425, trala morte de Xoan de Baviera, trasládase a Bruxas. Cunha patente alí expedida é nomeado pintor da corte do duque borgoñón Felipe O Bo.
En 1428, formado parte dun séquito de alto rango, marcha -pasando por Inglaterra e Galicia -a Portugal, onde se concerta o matrimonio entre Felipe o Bo e a infanta portuguesa Isabel.
Entre os diplomáticos borgoñeses atópase Baudouin de Lannoy - a quen retratará cara á 1435.
En Portugal, pinta dous retratos da infanta. E mentres espera resposta, algúns borgoñeses, probablemente tamén Van Eyck realizan unha perigrinaxe a Santiago de Compostela e teñen un encontro con Xoan II de Castela e con Mohammed, rei de Granada.
En setembro dese ano parten coa infanta cara os Países Baixos, arribando a Sluis, en Bruxas.
 
En 1432, é fixado na Sint Janskerk, hoxenedía San Bavón - o Políptico de Gante, coincidindo co establecemento da sua residencia e obradoiro permanente en Bruxas.
Neste ano, pinta Leal Souvenir e asemade o retrato perdido de Xacoba de Baviera.
 
En 1433, pinta o "Home do turbante vermello", no que aparece por vez primeira o seu lema de pintor: "ALC IXH XAN", que traducido di: O mellor que podo".
 
 
 
 
==Traxectoria==