Pintura ó óleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Олійний живопис
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
En arte coñécese como óleo ós aceites que se usaban para combinar con outras substancias e obter así un produto idóneo para a [[pintura]] e como extensión, deuse en chamar óleo á mesma pintura en si.
 
O uso do óleo coñécese dende a antigüidade e estaba xa estendido entre os artistas da [[Idade Media]], sobre todo combinándoo coa pintura ó temple ou ó fresco. Con esta mestura retocaban as obras realizadas en [[xeso]] e conseguían así un secado máis rápido. Co avance e as investigacións da [[alquimia]] fóronse inventando mesturas favorables para os resultados da pintura. O aceite que máis se empregaba era o de [[liñaza]] que acostumaba a mesturarse cos pigmentos[[pigmento]]s de minerais que son os que proporcionan a [[cor]], pero cada artista no seu obradoiro tiña a súa propia fórmula que gardaba moi en secreto. Moitos seguiron os consellos e experiencias escritos no Tratado do monxe Teófilo que xa se coñece e se menciona no ano [[1100]].
 
Esta pintura obtida coa mestura de óleos ofrecía moitas vantaxes ó pintor, entre outras, o poder realizar a súa obra lentamente e sen présas de acabado (ó contrario do que ocorría na pintura ó fresco), o poder retocar a obra día a día, variar a composición, as cores, etc.