Nadal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Igrexa Católica Romana
Liña 5:
 
== Historia e características ==
Segundo os [[Evanxeos]], Xesús naceu en [[Belén]] de [[Xudea]]. Seus pais foron [[María]] e [[Xosé de Nazaret|Xosé]], estando estes de viaxe para seren rexistrados no [[censo]] romano. O nacemento de Xesús, dacordo cos seus seguidores, cumpría as profecías [[Xudaísmo|xudías]] sobre a chegada dun [[mesías]] que redimiría ao mundo do pecado.
 
As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o ''Natalis Solis Invicti'' (Nacemento do Sol Invicto); por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagana no [[solsticio]] de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.