Guerras cántabras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 35:

Como indicábamos anteriormente, na primavera do [[-26|26 a. C.]], o mesmo emperador en persoa, [[César Augusto]], abriu as portas do [[Xano|templo de Xano]] (símbolo de estado de guerra) e dirixiuse a [[Hispania]], establecendo a súa base de operacións en Segisama, actual [[Sasamón]], ([[Provincia de Burgos|Burgos]]).

== Exércitos e estratexias ==
[[Ficheiro:Bellum-Asturicum-Cantabricum.png|thumb|Operacións militares romanas levadas a cabo durante a guerra nas dúas frontes contra cántabros (Bellum Cantabricum) e ástures (Bellum Asturicum).
{{Lenda|#C878B2|Campaña de [[Décimo Xunio Bruto Galaico|Décimo Xunio Bruto]] do ano [[-137|137 a. C.]]}}
{{Lenda|#FFCD33|Campaña de [[Xulio César]] do ano [[-61|61 a. C.]]}}
{{Lenda|#EE1E3A|Campaña do ano [[-25|25 a. C.]]}}
{{Lenda|#52BA65|Campaña do ano [[-26|26 a. C.]]}}]]

A primeira intervención importante de Roma contra os pobos do norte da [[Meseta Central|Meseta]] foi no ano [[-29|29 a. C.]]; Statilio Tauro recibe de Augusto o título de imperator, por someter a cántabros, ástures e vacceos. Nos dous anos seguintes hai certas hostilidades, conseguindo Calvisio Sabino e o procónsul Sexto Apuleio o seus triunfos respectivos coas súas respectivas tropas. Pero estas vitorias deberon ser máis oficiais que reais, xa que os pobos do norte seguían sendo independentes; polo menos, os cántabros, que, segundo os textos máis antigos, eran os máis rebeldes. Isto motivou que o propio [[César Augusto|Augusto]] se trasladara a [[Hispania]] e á fronte dos exércitos iniciara a importante campaña do ano [[-26|26 a. C.]] contra os cántabros.<ref name="Guerras Cántabras" />

Segundo o historiador romano [[Dión Casio]], a táctica de cántabros e ástures consistía nunha [[guerra de guerrillas]], evitando a acometida directa sobre as forzas romanas conscientes da súa inferioridade numérica, o seu inferior armamento e a invulnerabilidade táctica das lexións romanas en campo aberto. O seu mellor coñecemento do territorio abrupto e montañoso permitíalles ofensivas rápidas e sorpresivas mediante o uso de armas arroxadizas, con emboscadas e ataques de gran mobilidade seguidos dun áxil repregue, que causaban graves danos nas forzas romanas e nas súas liñas de abastecemento.

Segundo quedou constancia por representacións en moedas e [[Estela cántabra|estelas]], os cántabros manexaban con habilidade o armamento lixeiro e así o sinala o poeta [[Marco Anneo Lucano|Lucano]] cando di:

{{cita|Cantaber exiguis et longis Teutonus armis.|col2=O cántabro coas súas pequenas armas e o [[teutón]] coas súas longas armas.|Marco Anneo Lucano. ''Phars.'', VI, 259}}

[[Ficheiro:Spain.Santander.Estatua.Monumento.al.Cantabro.jpeg|thumb|Monumento ao [[cántabro]] en [[Santander, Cantabria|Santander]].]]
Ían provistos con [[espada]] pequena, [[puñal]], [[Dardo (arma)|dardos]] ou [[xavelina]]s, [[lanza]]s, [[escudo]]s redondos ou ovalados de madeira, petos de coiro ou liño, gorros de pel con tiras de nervios así como coa [[falcata]] ibérica e a ''bipennis'', arma esta última que consistía nun [[machete]] de dobre fío claramente definitoria dos pobos do norte de [[Hispania]]. Non queda constancia do uso do [[arco (arma)|arco]] ou da [[honda (arma)|honda]], aínda que é moi probable que as coñecesen e as empregasen.

Os cántabros eran hábiles á hora de montar a cabalo como se sabe polo feito de que algunhas das súas tácticas de cabalería pasasen a ser empregadas polo exército romano tales como o ''[[circulus cantábricus]]'', consistente nunha formación de cabalería en semicírculo, e o ''cantabricus impetus'', ataque frontal e masivo contra as liñas inimigas co fin de desfacelas, descritas por [[Flavio Arriano]]. A cabalería era moi importante para os cántabros, que se organizaban para loitar a pé e a cabalo. Representaba o 20 ou 25% das súas forzas, mentres que para os romanos era só un 10 a 14% do total do exército e posuía un papel secundario.<ref>[http://alerce.pntic.mec.es/elor0008/textos/conquista.pdf Conquista] páx. 2 {{es}}</ref>

As forzas dos locais eran polo menos no principio da guerra comparables ás romanas, non se sabe exactamente cantos eran, aínda que os cálculos de Schulten son de 240.000 ástures, destes de 80.000 a 100.000 serían capaces de loitar. Os cántabros en cambio sumaban 160.000 a 200.000 persoas, dos que de 40.000 a 50.000 eran guerreiros.

Segundo as fontes, o exército romano dividiuse en dous, a maior parte atacaría aos ástures por ser máis numerosos, a menor aos cántabros. A calidade do inimigo cántabro foi tal que obrigou a Augusto a destacar no conflito a varias lexións en distintos momentos da contenda:

'''Guerra contra os cántabros'''
* Comandantes:
Emperador [[Augusto]] ({{AC|29}}-{{AC|26}})
[[Caio Antistio Vetus]] ({{AC|26}}-{{AC|24}})
[[Lucio Emilio]] ({{AC|24}}-{{AC|22}}
[[Caio Furnio]] ({{AC|22}}-{{AC|19}})
[[Publio Silio Nerva]] ({{AC|19}})
[[Marco Vipsanio Agripa]] ({{AC|19}})
* Lexións:
Legio IV Macedonica
Legio I Augusta (tras unha derrota perdeu o seu nome "Augusta" no {{AC|19}} polo de "Vernacula")
Legio II Augusta
Legio IX Hispana
Legio XX Valeria Victrix (posiblemente chegou por mar desde [[Aquitania]])
* Auxiliares:
Ala Augusta
Ala Parthorum
Cohorte IV Thracum Aequitata
Ala II Thracum Victrrix Ciuium Romanorum

'''Guerra contra os ástures'''
* Comandantes:
[[Publio Carisio]] ({{AC|29}}-{{AC|22}})
[[Caio Furnio]] ({{AC|22}})
* Lexións:
Legio VI Victrix
Legio X Gemina
Legio V Alaudae
* Auxiliares:
Ala II Gallorum
Cohorte IV Gallorum

Tamén participou a [[mariña romana]] coa ''Classis Aquitanica'', que chegou ás costas cántabras enviada desde [[Aquitania]] e desembarcou en ''Portus Blendium'' ([[Suances]]). Esta sería determinante na resolución do conflito posto que completou o cerco aos cántabros iniciado polas tropas desprazadas en terra. Calcúlase que, en total, o [[exército romano]] destacou uns 70.000 homes, aínda que estes cálculos varían segundo os autores, dado que o cálculo baséase en 5.000 homes por lexión. Incluso é probable que a cifra sexa superior aos 80.000 homes contando os auxiliares posto que, tras a reforma de [[Caio Mario]], a lexión pasou a ter 6.000 soldados, aínda que se ben unha lexión, en época de Augusto, estaba oficialmente composta por 6.200 homes, por diversas circunstancias, a cifra acostumaba oscilar entre os 5.000 e os 8.000 soldados.

[[Ficheiro:Aug11 01.jpg|left|thumb|[[César Augusto]].]]

No [[-25|25 a. C.]], Augusto entrega aos [[ástures]] de [[Brigantum]] o campamento de [[Asturica Augusta]] como recompensa pola súa axuda. Ademais reparte terras nas chairas para os aliados. Non obstante, os ástures uníronse posteriormente cos cántabros na defensa común. O emperador Augusto, un ano despois da súa chegada, tivo que retirarse a [[Tarragona|Tarraco]], presumiblemente debido a unha enfermidade. A contenda durou máis de dez anos.<ref>Sirva como referencia que o Imperio romano conquistou toda a [[Galia]] en menos de sete anos.</ref>

Estas e as campañas contra os [[Iliria|ilirios]] no [[-35|35]]-[[-33|33 a. C.]], foron as únicas que dirixiu persoalmente Augusto contra pobos bárbaros. Coa conquista efectiva de Gallaecia e Asturica, a guerra parecía acabada. Unha vez licenciados algúns dos soldados das súas lexións, Carisio fundou no mesmo ano 25 a. C. a colonia Emerita Augusta ([[Mérida, España|Mérida]]), acuñando unha moeda conmemorativa da fundación e das súas vitorias do Norte.

No ano [[-24|24 a. C.]], os cántabros e ástures recomezan as hostilidades, se ben coas súas forzas gravemente debilitadas. Ese ano, o novo gobernador da Tarraconencese, L. Elio Lamia, levou a cabo unha cruenta represión contra estes pobos, xa que atacaran ás tropas romanas atraéndoas cunha emboscada baixo a promesa de provisións.

É substituído no ano [[-22|22 a. C.]] por Caio Furnio, quen nun principio se pareceu aos indíxenas, por ser pouco experto en cuestións militares. A nova acción parte dos ástures descontentos co control militar do gobernador da Lusitania e arrastran aos cántabros, que, nunha operación independente, son sometidos por Furnio. Posteriormente, este último debe acudir con axuda do legado da Lusitania para pacificar aos ástures.<ref name="Guerras Cántabras" />

== Notas ==