Xornal de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
sendo presidente do Consello de Administración Alfonso Paz-Andrade,
Sen resumo de edición
Liña 6:
O director e impulsor foi o xornalista de [[Brión]] [[Xosé Luís Gómez]], e a primeira subdirección ocupouna [[María Martínez Val]]. A súa sede principal estivo situada na [[A Coruña|Coruña]], se ben contou orixinalmente con redacións tamén en [[Vigo]] e [[Santiago de Compostela]]. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse [[Alberto Ramos]], [[Iago Martínez]], [[Manuel Barreiro]], [[Xavier Vence]] ou sinaturas galeguistas como as de [[Carme Adán]], [[Rafael Cuíña]] ou [[Xesús Palmou]].
 
O accionista principal foi [[Udramedios]], a filial de comunicación do grupo de construción [[Grupo San José|San José]]. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico [[Xornal.com]]<ref>[http://www.xornal.com/article.php?sid=20081201133224 Xornal.com será el diario digital de Xornal de Galicia], [[Xornal.com]], 1/12/2008</ref>.
 
O presidente do consello de administración da empresa foi [[Domingos Docampo]], ex reitor da [[Universidade de Vigo]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/domingo-docampo-presidira-xornal-de-galicia-sa-.html Domingo Docampo presidirá Xornal de Galicia SA] ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 5/12/2008</ref>. O conselleiro delegado da empresa e xerente do xornal foi [[Miguel Barros]]<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2010/02/23/sociedad/comunicacion/miguel-barros-conselleiro-delegado-da-editora-xornal-galicia/2010022300034400473.html Miguel Barros, novo conselleiro-delegado da editora de Xornal de Galicia] ''[[Xornal.com]]'', 23/2/2010</ref>
 
En marzo de [[2011]]<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2011/04/01/comunicacion/jose-luis-gomez-da-finalizada-sua-etapa-director-xornal-galicia/2011040123205900735.html José Luis Gómez dá por finalizada a súa etapa como director de Xornal de Galicia], ''[[Xornal de Galicia]]'', 1/4/2011.</ref>, o director [[Xosé Luís Gómez]] foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de [[Mariano Rajoy]], daquela líder do [[PP]], a bordo dun barco vencellado ao [[narcotráfico]]<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7522.html Jacinto Rey cede ante Rajoy], ''[[Galicia Confidencial]]'', 1/4/2011.</ref>. A nova directora pasou a ser [[María Martínez Val]]. A edición en papel deixou de publicarse o [[4 de agosto]] de [[2011]]<ref>[http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/cierra-edicion-impresa-xornal-galicia/idEdicion-2011-08-02/idNoticia-690863/ Cierra la edición impresa de Xornal de Galicia], ''[[XornalEl deCorreo GaliciaGallego]]'', 2/8/2011.</ref>, sendo presidente do Consello de Administración [[Alfonso Paz-Andrade]],<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/09/27/galicia/1317150955.html ''Los trabajadores de Xornal de Galicia se movilizan...''], [[El Mundo]] {{es}}.</ref> continuando só a dixital. O 19 de outubro de [[2011]] pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal. <ref>[http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xornal-com-pecha-tamen-na-rede/idEdicion-2011-09-19/idNoticia-701305/ Xornal.com pecha tamén na rede], ''[[Galicia Hoxe]]''</ref>
 
==Notas==
Liña 17:
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.xornaldegalicia.com Web do xornal] (Xa non dispoñible).
 
[[Categoría:Xornais de Galicia]]