Indochina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 32:
En canto a España, o seu primeiro contacto co rey de Annam foi a través dos seus misioneiros. A embaixada española foi fundada en 1645 por varios relixiosos e soldados. Os embaixadores foron recibidos polo rei de Annam, e 4.000 hombres das tropas annamitas rendiron honores a este primeiro comité. O 7 de xullo de 1676 varios dominicos españoles das [[Filipinas]] encargáronse da misión de Tonkín central. Pero a partir do [[século XVIII]] foron perseguidos, resultando asasinados moitos misioneiros: Leziniana (1745), Castañeda (1745), Odorico (1834), o vispo Ignacio Delgado (1839), Henarez Fernández y Jiménez (1839). En 1787 o rei [[Nguyen]] Anh foi expulsado da Cochinchina a causa dunha sublevación, concluíndo unha alianza con [[Luis XVI]] pola cal cedía a Francia a [[península de Turana]] e dúas pequenas illas a cambio de axuda militar. En 1789 chegou á Cochinchina procedente de [[Siam]] o vispo francés [[Pigneau de Behaine]], en calidade de plenipotenciario de Luis XVI, quen axudou ó seu protexido a obte-la vitoria. Unha vez lograda, Nguyen Anh proclamouse emperador co nome de Gia Long, levando a cabo unión de Tonkin e Cochinchina con Annam (1802). Baixo o reinado dos seus sucesores foron perseguidos os cristiáns, cuxas comunidades españolas e francesas extendéranse considerablemente. Estas persecucións aumentaron baixo o reinado de Tu-Duc, o que obrigou a Francia a enviar unha escuadra baixo as ordes de [[Lilieux Villeneuve]].
 
Uns vinte anos máis tarde, e como consecuencia do asasinato de 10.000 cristiáns e do vispo español [[José María Díaz]], unha [[Expedición franco-española á Cochinchina|expedición franco-española]] foi organizada ó mando de [[Rigault de Genouilly]], xefe das forzas navais de Francia en [[China]]. O conde Waleswki, ministro francés de negocios extranxeiros, solicitou á raíña [[Isabel II]] a cooperación de España a través do envío de tropas dende Filipinas. O gobierno español aceptou, enviando 1.500 homes baixo as ordes do coronel [[Ruiz de Lanzarote]], que desembarcou o 31 de agosto de 1858 na [[baía de Turana]], conquistando as fortificacións annamitas. O 16 de febreiro de 1859 a cidade de [[Saigón]] tamén foi conquistada polas tropas do coronel. No mes de abril do mesmo ano, a pesar da diminución das forzas expedicionarias provocadas polo envío de parte do continxente francés a China, vóltase a producir unha nova vitoria contra os annamitas, pero a escaseza de tropas obrigou ó mando francés a evacuar Saigón o 23 de maio de 1860. Na zona quedaron só 1.000 homes entre franceses e españoles, que se defenderon como puideron das forzas annamitas, moi superiores en número. O 5 de xuño de 1869 asinouse en Saigón un tratado de paz que poñía fin a catro anos de hostilidades. Nel definiánse:
 
1º A cesión a Francia das provincias de Bieng-Hoa, Gia-Dinh e Finh-Toung, e a illa de Poula-Condare.
2º Franceses e españoles podían comerciar nos portos de Turana, Balal e Luang-an.
3º O reino Annamita debía pagar unha indemnización de 4 millóns de pesos, suma que beneficiou principalmente ós franceses.
 
Finalmente, polo convenio de [[Hué]] en 1867, o emperador de Annam cedeu a Francia a provincia de Saigón, Vien-Hoa e My-tho. Este territorio foi organizado baixo o nome de Cochinchina Francesa. En 1870, o explorador Dupuis remontou o Songka ata Yun-nan, pero a guerra franco-alemana paralizou a misión. Dupuis reanudou as súas exploracións en 1873, e se apoderou dos fortes de Hanoi en Tonkín. En 1874 asinouse un convenio en virtude do cal se abrían tres novos portos ó comercio francés, e no mesmo ano cedeuse a Francia a zona da desembocadura de [[Songka]]. A todo isto, o reino de Annam continuaba sen cumplir o tratado asinado en 1869. Foi daquela cando o almirante francés Courbet destruíu os fortes de Hué e obrigou ó emperador Tu-Duc a recoñecer o protectorado de Francia sobre Annam e Tonkin (a 25 de agosto de 1884). Meses máis tarde, morreu o emperador Tu-Duc, e despois dos efémeros reinados de Kien-Phuc e Ham-Nghi, un sobriño de Tu-Duc chamado Dong Khanh subiu ó trono (1885 – 1889). Despois del reinaron Thanh Tai (1889 – 1907), Duy Tan (1907 – 1916) e Khai Dinh (1916 – 1925), ó que sucedeu seu fillo Bao Day.
 
=== Colonia francesa ===