Chifre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.3) (Bot: Engado: sn:Pito
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:SambaWhistle.jpg|thumb|Chifre de metal usado na [[samba]].]]
O '''chifre''' ou '''pito''' é un [[instrumento de vento]] utilizado tanto para a música como para a sinalización deportiva e de tráfico. O son é producido pola vibración do ar ao pasar forzadamente. Era tradicionalmente feito de [[madeira (material)|madeira]], aínda que hoxe úsanse chifres feitos de metais como o bronce. Algúns chifres teñen buratos nos lados que son cubertos cos dedos para producir diferentes tons. O executante pode controlar aínda a duración e a intensidade do son.
 
Na [[música]], é utilizado principalmente na [[samba]]. O chifre é usado tanto para tocar padróns rítmicos así como para anunciar unha nova sección, o comezo, ou o final dunha música. Nunha [[escola de samba]] o mestre de batería é o responsábel de eses sinais. Para el, o chifre - (xunto co repenique -) funciona como a batuta dun mestre de ópera. O chifre é capaz de producir sons fortes e agudos, longos e curtos, abertos e pechados, e todos son usados para engadir variedade e cores aos padróns tocados. Tamén pode tocar un padrón repetitivo que funciona como parte do conxunto do grupo rítmico.
 
Polo seu grande volume sonoro, o chifre pode ser usado en diversas funcións de sinalización. Os gardas de tráfico, tamén poden ser usados en ferrocarrís, navíos e ambientes industriais ruidosos, como forma de sinalización de seguridade a longa distancia.