Diluvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: az:Tufan (mifologiya)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 9:
Unha das últimas e máis controvertidas teorías sobre a posíbel orixe deses mitos de Diluvio sexa a [[Teoría de Ryan-Pitman]], que avanza a hipótese da rápida subida das augas na bacía do [[Mar Negro]], ocasionada pola ruptura dun dique natural formado antigamente polo [[Bósforo|estreito de Bósforo]], por volta de [[-5600]]. Investigacións submarinas revelaron restos de habitacións primitivas e utensilios no fondo do Mar Negro, nunha clara indicación de que partes do actual mar foron habitadas hai algúns millares de anos.
 
Algúns grupos que apoian o [[creacionismo (pseudociencia)|creacionismo]] toman o Diluvio bíblico como xustificación para a extinción de especies, como os [[dinosauro]]s (que terían ficado fóra da arca), usándoo como argumento contra a teoría da [[evolución]] e desprezando o [[era xeolóxica|tempo xeolóxico]] en que os seus [[fósil]]es son atopados. Non existe nada na [[Biblia]] que xustifique esa afirmación, pois non hai ningún relato que indique que os homes viviron na mesma época que os [[dinosauro]]s, o que está de acordo cos achados xeolóxicos.
 
Na esfera cultural [[hebreo|hebraica]] primitiva, o evento do Diluvio contribuíu no estabelecemento dunha identidade étnica entre os diferentes pobos [[semítico]]s (todos descendentes de Sem, fillo de Noé), ben como súa distinción dos outros pobos ao seu redor ([[cananeo]]s, descendentes de [[Canaá]], neto de Noé, [[Nubia|nubios]] ou [[cuxita]]s, descendentes de [[Cuxe]], outro neto de Noé, e etc.). No Antigo Testamento, Noé maldicira a Canaá e bendicira a Sem, o que serviría máis tarde como unha das xustificacións para a invasión e conquista da terra dos cananeos polas [[Tribos de Israel]].