Indochina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20:
Nas derradeiras décadas do [[século XVIII]] houbo unha grande insurrección provocada por ''Tay Shon Thong Tac'' (a Guerra das Grandes Montañas do Oeste). Esta rebelión obrigou a refuxiarse en China ó último dos membros da familia Nguyen; pero posteriormente, o herdeiro, Nguyen-an, logrou axuda [[Francia|francesa]] e tomou as cidades de Saigón (1789) e [[Hue]] (1801). En 1802 entrou en Ke-so ([[Hanói]]), a capital de [[Tote-king]], e se declarou a si mesmo Emperador baixo o nome de Gia-long.
Con tódolos territorios de Indochina, agás Laos, Gia-long dedicou toda a súa enerxía a ordena-lo país. A el débese que a península tivera unha cantidade importante de canles e camiños, especialmente un gran camiño que comeza en Saigón, atravesa Annam e Tote-king, pasando a través de Hue e Hanoi, rematando en [[Lang-song]], na fronteira con China. En 1820 Minh-mang sucedeu ó seu pai Gia-long, pero este odiaba notablemente ós [[Europa|europeos]]. Durante o seu reinado (1820-1841), Siam arrebatou Camboxa a Annam, o que provocou a intervención francesa.
 
=== Colonia francesa ===
 
Os [[Francia|franceses]] tomaron [[Saigón]] e arredores en 1859, [[Camboxa]] en 1863, a [[Cochinchina]] en 1867, [[Annam]] e [[Tonkín]] en 1883 e finalmente [[Laos]], establecendo unha das colonias do [[Imperio Francés|imperio colonial francés]].
A [[Indochina francesa]] formouseen outubro de 1887 con Annam, Tonkín, Cochinchina, e a [[República Xemer]]; Laos agregouse en 1893. A federación durou ata 1954. A capital de Indochina foi Hanói. Cada territorio mantivo nominalmente certa autonomía ó ter á súa frente a distintos monarcas, aínda que o poder real estivera en mans das autoridades francesas.
En setembro de 1940, durante a [[Segunda Guerra Mundial]], Francia, derrotada polo III Reich cedeu o territorio a [[Xapón]] tras unha breve resistencia das tropas francesas alí presentes. Isto permitiu a Xapón un mellor acceso a China durante a [[Segunda Guerra Sino-Xaponesa]], contra as forzas de [[Chiang Kai-shek]]. Pero isto tamén era parte da estratexia de Xapón para a dominación do [[océano Pacífico]]. Os xaponeses mantiveron a burocracia francesa en Indochina.
Despois da guerra, Francia procurou reafirmarse no país, pero chegou o conflicto con [[Viet Minh]], unha organización de nacionalistas comunistas [[Vietnam|vietnamita]] baixo o mando de [[Ho Chi Minh]], quen fora educado en Francia. Durante a Segunda Guerra Mundial, os [[Estados Unidos]] apoiaran ó [[Viet Minh]] na súa resistencia contra os xaponeses; o grupo controlaba o país, posto que os franceses marcharan en 1945. Despois de persuadir ó Emperador [[Bao Dai]] para que abdicara no seu favor, o 2 de setembreo de 1945, Ho Chi Minh —como presidente— declara a independencia para a [[República Democrática de Vietnam]]. Pero antes de finais de setembro, unha unión de forzas [[Reino Unido|británicas]], francesas e [[India|indias]], restauraron o control francés. Comezaron entón amargas loitas. En 1950, Ho Chi Minh declara outra vez a independencia da República Democrática de Vietnam, que foi recoñecida polos gobiernos comunistas de China e da [[Unión Soviética]].
a loita durou ata marzo de 1954, cando o [[Viet Minh]] tivo unha victoria decisiva contra as forzas francesas na [[batalla de Dien Bien Phu]]. Isto conduciu á partición de Vietnam no [[Vietnam do Norte|lado norte]], baixo control do Viet Minh, e [[Vietnam do Sur|lado sur]], que foi chamado República de Vietnam, que contaba co apoio dos Estados Unidos, do Reino Unido e Francia. Os acontecementos de 1954 tamén marcaron a fin da dominación francesa na rexión, e o comezo do serio compromiso dos Estados Unidos con Vietnam do Sur que conduciu á [[Guerra de Vietnam]].
A separación foi convenida na [[Conferencia de Xenebra]], onde os Estados Unidos de América, a Unión Soviética, o Reino Unido, Francia e a República Popular China tamén estableceron varias disputas excepcionais acerca da [[guerra de Corea]]. Foi nesta conferencia na que Francia abandonou calquera intención de reclamo do territorio na península de Indochina.
 
{{commonscat}}