Ribulosa 1,5-bisfosfato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
A '''ribulosa 1,5-bisfosfato''' (tamén escrita '''ribulosa-1,5-difosfato''' ou ribulosa-1,5-difosfato, abreviadamente '''RuBP''') é un azucre fosfatado de 5 carbonos, que é un importante sustrato implicado na fixación do carbono durante o [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]].
 
Trátase dunha [[pentosa]] que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo [[cetona]] (é unha [[cetosa]]) no carbono 2<ref>CHEBI [https://www.ebi.ac.uk/chebi/searchId.do?chebiId=16710 D-ribulose 1,5-bisphosphate]</ref>. Na fotosíntese funciona o estereoisómero D.
 
É o substrato do encima [[rubisco]], que cataliza a incorporción de [[dióxido de carbono]] ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 [[átomo]]s de carbono, denominado 3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato, que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de [[3-fosfoglicerato]] (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese.