Ribulosa 1,5-bisfosfato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 42:
Trátase dunha [[pentosa]] que leva dous fosfatos esterificados nos carbonos 1 e 5 e un grupo [[cetona]] (é unha [[cetosa]]) no carbono 2.
 
É o substrato do encima [[rubisco]], que cataliza a incorporción de [[dióxido de carbono]] ao carbono 2 da ribulosa 1,5-difosfato, orixinando un intermediario inestable de 6 [[átomo]]s de carbono, denominado [[3-ceto-2-carboxiarabinitol-1,5-bisfosfato]], que se divide practicamente ao momento en dúas moléculas de [[3-fosfoglicerato]] (3PG), que é o primeiro produto estable da fase escura da fotosíntese.
<center>RuBP (5C) + CO<sub>2</sub> (1C) = Intermediario inestable (6C) →<br><br>→ 2 moléculas de 3PG (3C)</center>
 
O 3-fosfoglicerato seguirá as reaccións do ciclo de Calvin rexenerando a ribulosa 1,5-bifosfato, que recomezará outro ciclo, e orixinando unha molécula de [[glicosa]] que sae do ciclo.
 
Na última reacción do ciclo de Calvin, recíclase a ribulosa 1,5-bifosfato a partir da [[fosforilación]] no carbono 1 con gasto de [[ATP]] da [[ribulosa 5-fosfato]].
 
==Carboxilación e oxidación da ribulosa 1,5-bifosfato==