Música pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Música rock
Liña 1:
A '''música pop''' (apócope de ''popular'') é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - estribillo - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
 
Historicamente, a expresión "música pop" non era entendida como un [[xénero]] musical con características musicais concretas. Era, directamente, o contrario á música de culto, á [[música clásica]]. Baixo esta definición entraban estilos como o [[Música rock|rock]], o ''[[funk]]y'', o [[folk]] ou ata o [[jazz]]. O pop era entendido como ese gran grupo de músicas para a xente de escasa cultura musical. Co tempo, o pop foi gañándose a súa acepción como estilo musical independente, liberándose, ademais, do sentido pexorativo e negativo ao que se vencellaba.
 
O pop, nome que procede de ''música popular'', é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Dende a aparición dos [[Beatles]] este xénero desenvolveuse nos máis diversos camiños.