Castas (hinduísmo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Casta''' (en sánscrito "varna", literalmente ‘cor’ (visto como unha cualidade)) corresponden a unha maneira de estratificación social establecida, en forma tradiciona..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2012 ás 22:02

Casta (en sánscrito "varna", literalmente ‘cor’ (visto como unha cualidade)) corresponden a unha maneira de estratificación social establecida, en forma tradicional e prescriptiva, polo hinduísmo na India, a cal clasifica ás persoas dentro da sociedade en catro grandes grupos. En forma xeral, casta refírese a calquera forma de estratificación que pon énfase en factores herdados ou de nacemento do individuo para clasificalo socialmente.

As catro grandes castas son:

Os brāhmanes (sacerdotes, mestres, académicos) son a casta máis alta, que —segundo eles acreditan— saliron da boca de Brahmā. Os chatrías (clase política-militar), que saliron dos hombros de Brahmā. Os vaishias (comerciantes, artesáns e agrogandeiros), que se formaron das cadeiras de Brahmā. Os shudrás (servos e obreiros), que proveñen dos pés de Brahmā.

Un grupo aparte das castas é o que conforman os dálits ou intocables, unha clase social tan baixa que se consideraba fóra dos varnas. Os hindúes consideran que ls dálits "son tan baixos coma o mar", e para sobrevivir traballan nos espazos laborais permitidos polo sistema de castas, como o de recoller excrementos humanos coas mans. Adicionalmente, os nenos acostuman a limpar os váteres do colexio ó que van.