Raza aria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13:
A teoría das orixes arias nas estepas [[Rusia|rusas]] non era a única que circulaba no [[século XIX]]. Estudosos [[Alemaña|alemáns]] sostiñan que os arios deron a súa orixe na antiga [[Alemaña]] ou en [[Escandinavia]], ou que alomenos era nestes países onde a etnia aria orixinal se conservara. Era unha crenza xeralizada a de que os arios [[Vedas|védicos]] eran etnicamente idénticos ós [[godos]], [[vándalos]] e outros [[pobos xermánicos]] antigos do [[Völkerwanderung]] (Emigración de Nacións). Esta idea iba a miúdo unida a crenzas [[antisemitismo|antisemitas]]. Afirmábase que existían pobos "arios" e "semíticos" diferenciados, baseándose en suposicións sobre a historia étnica e lingüística do mundo antigo. Así, as poboacións semíticas chegaron a ser vistas como presencias extrañas dentro das sociedades "arias".
 
Na [[India]] durante a época do [[Raj británicoBritánico]] os gobernantes [[Inglaterra|ingleses]] tamén empregaron a idea dunha raza aria distinta como maneira de aliarse co [[Castas (hinduísmo)|sistema de castas]] do país. Como moitos idiomas europeos modernos están emparentados co sánscrito, os [[Gran Bretaña|británicos]] engadiron isto ás súas xustificacións da súa presenza na [[India]]. Sostiveron que os arios foron pobos de raza “branca” que invadiran a India na antigüidade, sometendo ós pobos dravídicos nativos de pel escura, que foron empurrados cara o sur. Tamén trataron de dividir a sociedade afirmando que os arios se estableceran a sí mesmos como as [[Castas (hinduísmo)|castas]] dominantes, que tradicionalmente eran os estudosos das sofisticadas escrituras védicas da fe [[hinduísmo|hinduísta]]. O debate sobre as "razas" aria ou dravídica segue aberto na India ata o día de hoxe, influíndo en cuestións relixiosas e políticas. Algúns grupos dravídicos, en especial os tamiles, sosteñen que a adoración de [[Shivá]] é unha relixión dravídica en si mesma, diferenciada do hinduísmo brahmánico. Por outra parte, o movemento nacionalista indio Hindutva afirma que a migración ou conquista arias nunca sucederon xa que o vedismo surxira da civilización do Indo, que se supón anterior ós presuntos arios da India.
 
Estas discusións conduciron, así mesmo, ó movemento teosófico fundado por [[Helena Blavatsky]] e [[Henry Olcott]] a finais do século XIX. Tratábase de certa temperá [[filosofía New Age]] inspirada na cultura india, especialmente no movemento hindú de reforma [[Arya Samaj]] fundado por [[Swami Dayananda]]. Os teósofos sosteñen empregar a palabra ario para referirse á actual civilización humana. Non obstante, outros ocultistas como [[Guido von List]] (e os seus seguidores como [[Lanz von Liebenfels]]) máis tarde tomaron estas ideas uníndoas a un credo [[nacionalismo|nacionalista]] e redefinindo ario como sinónimo de indoeuropeo. Estas e outras ideas fraguaron no uso nazi do termo "raza aria" para nomear o que eles concebían como unha raza de señores de orixes noreuropeas, levando o concepto tan lonxe como para eliminar a discapacitados ca fin de manter a súa pureza, baixo o programa de [[Eutanasia Aktion_T-4]] dos científicos do [[III Reich]], que tiña a fin de experimentar con persoas que padecían múltiples problemas físicos e mentais; e observar o comportamento, para así manter a descendencia sen mestizaxe semita.