Reino de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
}}
}}{{enuso}}
O Reino de Irlanda (en [[lingua irlandesa|irlandés]]: ''Ríoghacht Éireann'') refírese ao país de [[Irlanda]] no período comprendido entre a proclamación de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] como Rei de Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de [[1542]] e a [[Lei de Unión de 1800]]. O Reino substituíu ao [[Señorío de Irlanda]], que fora creado en [[1171]]. Henrique VIII foi recoñecido como $ei de Irlanda por parte dalgúns poderes [[Protestantismo|protestantes]] en [[Europa]], aínda que non polas monarquías [[Catolicismo|católicas]]. Con todo, a súa filla [[María I de Inglaterra|María I]], foi recoñecida como a raíña de Irlanda polo [[Papa]] en [[1555]]. O reino independente de Irlanda deixou de existir se uniu co [[Reino de Gran Bretaña]] para formar o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]] en [[1801]].
 
== Motivo para a súa creación ==
O [[papa]] [[Hadrián IV, papa|Hadrián IV]], [[Inglaterra|inglés]], concedera á [[monarquía]] [[anglosaxóns|anglo]]-[[normandos|normanda]] a illa da [[Irlanda]] como unha posesión [[feudal]] en [[1155]] por unha [[bula pontificia]] (''Laudabiliter''), que permitiu á monarquía inglesa actuar como gobernante da illa. Isto foi confirmado polo seu sucesor, o [[Alexandre III, papa|Papa Alexandre III]] en [[1172]], mais nominalmente Irlanda era unha [[Suzeranía|suserania papal]]. Coa excomuñón pola Igrexa do rei de [[Inglaterra]] [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] en [[1533]], a posición constitucional do Estado inglés en Irlanda tornouse incerta. Henrique rompeu coa [[Santa Sé]] e proclamouse xefe da recentemente creada [[Igrexa Anglicana]], a fin de obter unha anulación do casamento, que o papa [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] rexeitara. Como consecuencia, Henrique deixou de recoñecer a soberanía da [[Igrexa Católica|Igrexa Católica Romana]] sobre Irlanda. Como solución para este problema, Henrique foi proclamado rei da [[Irlanda]] pola Lei da Coroa irandesa de [[1542]] aprobada polo [[Parlamento irlandés]].
 
Con todo, o novo reino non foi recoñecido polas monarquías católicas da [[Europa]]. A [[bula papal]] de [[1555]] nomeou [[María I de Inglaterra|María I]] como Raíña da Irlanda, recoñecendo así a conexión persoal coa Coroa da Inglaterra, no dereito canónico.
 
Deste xeito, o trono da Irlanda foi ocupado polo [[Rei de Inglaterra]], representando o recentemente creado Reino da Irlanda pola unión persoal co [[Reino de Inglaterra]]. En [[1603]], o trono de Inglaterra foi ocupado polo [[Reino de Escocia|Rei da Escocia]], que posteriormente levou á formación do [[Reino de Gran Bretaña]] en [[1707]], cando os parlamentos dos dous reinos fundíronse nunha sesión na sede do parlamento inglés en [[Palacio de Westminster|Westminster]], [[Londres]]. En [[1801]], os parlamentos irlandés e británico uníronse da mesma maneira para formar o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]].
 
== Véxase tamén ==