Alfred Charles Kinsey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: tl:Alfred Kinsey
arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Time-1953-08-24.jpg|thumb|right|Kinsey.]]
 
'''Alfred Charles Kinsey''', nado en [[Hoboken]], ([[Nova Jersey]],) o [[23 de xuño]] de [[1894]] e finado en [[Bloomington]] ([[Indiana]]) o [[25 de agosto]] de [[1956]],<ref>[http://writing.upenn.edu/~afilreis/50s/kinsey.html ''Dr. Kinsey is Dead; Sex Researcher, 62'', no ''New York Times'' o 26 de agosto de 1956. {{en}}</ref>, foi un [[sexualidade|sexólogo]] [[EUA|estadounidense]]. Investigou o comportamento sexual humano durante a década dos anos 1940 e publicou unha serie de libros que revolucionaron as concepcións da época sobre a sexualidade humana.
 
==Traxectoria==
===A súa preparación científica e os seus primeiros anos: o zoólogo===
Entre 1914 e 1916 estudou no Bowdoin College de Brunswick ([[Maine, Estados Unidos dade América|Maine]], EUA) onde se licenciou en bioloxía e psicoloxía. A súa cualificación foi cum laude. Máis tarde, en setembro de 1919 doutorouse en bioloxía pola [[Universidade Harvard]]. En agosto de 1920 empezou a impartir clase como profesor asociado de zooloxía na [[Universidade de Indiana]].<ref>[http://www.kinseyinstitute.org/about/origins.html ''Origin of the Institute''] The Kinsey Institute. {{en}}</ref> Durante este período dedicouse fundamentalmente á zooloxía. As súas investigacións iniciais centráronse no estudo dunha diminuta avespa. Axiña Kinsey conseguiu unha importante reputación grazas ás estas minuciosas investigacións, fundamentadas en análises estatísticos, en taxonomía e evolución animais.
 
===Investigando o comportamento sexual dos seres humanos===
Non obstante, en [[1938]] ocorreu un feito que cambiaría o ámbito investigador do doutor Kinsey. Ese ano recibiu o encargo de impartir un curso sobre matrimonio, recentemente incorporado á oferta da Universidade de Indiana. Kinsey centrou as súas leccións nos aspectos biolóxicos do matrimonio. Inmediatamente quedou fascinado ó descubrir a complexidade do comportamento sexual humano e a escaseza, por non dicir, inexistencia de estudos ó respecto. Axiña Kinesy comezou a recompilar historiais sobre a vida sexual dos norteamericanos. Pero o seu traballo neste eido espertou unha forte polémica na comunidade universitaria de Indiana o que obrigou a Kinsey a proseguir as súas investigacións de forma privada. Kinsey elaborou un profuso test e dedicouse a viaxar por todo o este dos EE. UU.EUA en busca de persoas dispostas a relatarlle a súa vida íntima. Para Kinsey foi todo un achado descubrir os submundos da prostitución e da homosexualidade.
 
En 1940 Kinsey puido contar por primeira vez cunha bolsa, ofrecida pola fundación [[Rockefeller]], para continuar o seu proxecto. Inmediatamente contratou e adestrou un grupo de colaboradores. Con este equipo conseguiu confeccionar máis de 18.000 entrevistas. A partir destas entrevistas, Kinsey puido establecer diversas correlacións que estiveron na base do libro que publicou en 1948: ''Sexual Behavior in the Human Male'' ("O comportamento sexual no home"). Ademais o ano anterior á publicación do libro, isto é, en 1947 Kinsey acordou con Herman B. Wells, reitor da Universidade de Indiana, a creación do ''Institute for Sex Research'' ("Instituto para a Investigación Sexual"), rebautizado en 1982 como ''The Kinsey Institute for Research in Sex, Gender, and Reproduction'' ("Instituto Kinsey para a Investigación en Sexo, Xénero e Reprodución").
Liña 19 ⟶ 20:
 
==''Sexual Behaviour in the Human Male''==
O libro ''Sexual Behavior in the Human Male'' converteuse case de inmediato nun best-seller (vendeu máis de 200.000 ó pouco de aparecer) maila ser publicado nunha minúscula editorial especializada en obras científicas. Con todo, tratábase dun sesudosisudo libro de difícil lectura, que abranguía máis de 800 páxinas, a maioría delas consagradas a defender a metodoloxía empregada e a presentar os resultados estatísticos obtidos. Non era, nin moito menos, un libro escabroso ou obsceno, como moitos puideron pensar.
 
Non obstante, ''Sexual Behavior in the Human Male'' era un libro polémico. As súas conclusións eran sorprendentes para os plácidos anos 1940. Por unha parte, reflectía que a vida sexual dos norteamericanos era moito máis activa do que confesaban en público, que case un terzo dos homes casados eran infieis, que case un 37% dos norteamericanos tivera polo menos unha experiencia homosexual, que case un 20% dos homes practicara sexo con animais. Para moitos estes feitos eran inaceptables dende un punto de vista moral ou relixioso.
Liña 28 ⟶ 29:
 
==''Sexual Behavior in the Human Female''==
Maila as críticas, o doutor Kinsey volveu á carga en 1953 con ''Sexual Behavior in the Human Female'', libro que analizaba o comportamento sexual das mulleres. O libro espertou unha gran expectación. De feito, no verán de 1953, semanas antes da publicación, Kinsey estaba tan preocupado con que a prensa presentase de xeito inexacto as súas investigacións, que convocou na súa casa ós xornalistas e presentoulles un resumo dos contidos da obra. Durante catro días recibiu a máis de 60 periodistas de EE. UU.EUA, Gran Bretaña, Alemaña, Australia, Países Baixos, Escandinavia, etc. A única condición que impuxo Kinsey, baixo contrato, foi que os xornalistas só podían escribir artigos de 5.000 palabras máximo que debían entregar a Kinsey para que el as supervisase antes da súa publicación. Ningún destes artigos debía aparecer antes do [[20 de agosto]] de [[1953]], unha xornada que a prensa bautizou como o día K (por Kinsey).
 
Cando ''Sexual Behavior in the Human Female'' apareceu o [[14 de setembro]] de [[1953]], os norteamericanos abalanzáronse ós quioscos e o libro vendeuse a un ritmo vertixinoso.
Liña 36 ⟶ 37:
== Obra ==
{{AP|Informe Kinsey}}
Kinsey recopilou na súa obra ''O comportamento sexual no home'' publicada en [[1948]], miles de entrevistas persoais que, aínda que adolecenadoecen dalgúns problemas legais, metodolóxicos e técnicos importantes, os seus resultados coincidiron en grande medida cos posteriores estudos sobre a conduta sexual masculina realizados noutros países e noutros momentos diferentes.<ref>''Sexual Behavior in the Human Male'', ISBN 978-0253334121.</ref>
 
Sobre a base de máis de 5.300 entrevistas persoais con homes de raza branca, Kinsey chegou a unha serie de conclusións sobre a [[homosexualidade]]:
 
# O 37 % dos homes entrevistados experimentaron algunha vez un [[orgasmo]] homosexual a partires da [[adolescencia]].
# O 13 % dos varóns sentiron desexos homosexuais, sen que se producise por iso contacto físico algún.
# O 25 % deles tiveron experiencias homosexuais non incidentais entre as idades de 16 a 55 anos.
# O 18 % mantiveron igual número de relacións heterosexuais que homosexuais durante un período mínimo de 3 anos, entre as idades de 16 a 55 anos.
# O 10 % tivo unha conduta estritamente homosexual durante un período de 3 anos como mínimo e entre as idades xa reseñadas.
# Só un 4 % manifestaba unha conduta estritamente homosexual durante toda a súa vida e xa manifesta durante a adolescencia.
# A homosexualidade existía a todos os niveis sociais e ocupacionais.
 
Liña 65 ⟶ 66:
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.youtube.com/watch?v=33PlciqfGYw&feature=related Alfred Kinsey, o científico do sexo]. Reportaxe. Vídeo en YouTube, primeiro dunha serie de nove.
 
{{DEFAULTSORT:Kinsey}}