Ácido fosfoenolpirúvico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
O fosfoenolpiruvato pode usarse para a síntese do [[corismato]] (anión do ácido corísmico) a partir da ruta do [[siquimato]] (anión do ácido siquímico).<ref>{{cite web |url=http://www.biocarta.com/pathfiles/chorismatePathway.asp |title=BioCarta - Charting Pathways of Life |accessdate=2007-08-17 |format= |work=}}</ref> O corismato pode despois ser metabolizado para formar [[aminoácido]]s aromáticos como a [[fenilalanina]], [[triptófano]] e [[tirosina]], e outros compostos aromáticos.
 
Ademais, na [[fotosíntese]] C<sub>4</sub> o fosfoenolpiruvato serve para facer unha fixación inicial do [[dióxido de carbono]], orixinando [[oxalacetato]], un composto de 4 carbonos que lle dá nome a este tipo de fotosíntese (C<sub>4</sub>), que é o que máis tarde libera o CO<sub>2</sub> que se incorporará ao [[ciclo de Calvin]] da [[fase escura]] da [[fotosíntese]]. Esta reacción de fixación inicial do carbono é:
 
<center>'''fosfoenolpiruvato + CO<sub>2</sub> <big>→</big> oxalacetato + Pi'''</center>