Gimli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Гимли
cursiva
Liña 1:
{{Ficha de personaxe
| nome = Gimli
| obra = ''[[O Señor dos Aneis]]''
| imaxe = [[Ficheiro:Dwarf.jpg|170px]]
| pé imaxe = Anano medieval
Liña 21:
| imdb_id = 0000150
}}
'''Gimli''' é un personaxe do [[legendarium]] de [[J.R.R. Tolkien]] que aparece na súa obra ''[[O Señor dos Aneis]]''. Nalgunhas ocasións fálase del como: ''Gimli fillo de Glóin'' ou ''Gimli Amigo dos Elfos''. Naceu nas [[Montañas Azuis]] ó oeste da [[Terra Media]]. Era descendente de [[Durin]] o Inmortal.
 
== Segundo o libro ==
Liña 29:
No comezo da historia, Gimli aparece como o típico anano rudo, violento, e inimigo dos elfos. De feito ten un forte temperamento e é impaciente para pelexar contra os orcos; ademais ten un grande entusiasmo polas minas de [[Moria]], o fogar dos seus devanceiros. Gimli posúe un alto sentido do honor (e é moi obstinado), o que explica por que se sente profundamente insultado polo trato dos elfos en [[Lothlórien]], que o obrigaron a viaxar cos ollos vendados se desexaba entrar no seu reino. Porén, Aragorn evita unha situación potencialmente violenta ó convir que tódolos membros da Irmandade fosen vendados, incluso cando Aragorn e Legolas deberían ser recibidos como príncipes por dereito.
 
Máis adiante, [[Galadriel]] impresiónao moito coa súa beleza, amabilidade e comprensión, polo que Gimli, cando se lle dá a oportunidade de pedir calquera cousa que el quixese, non pide ningún tesouro ou algún artigo máxico, senón unha mecha dourada do cabelo de Galadriel, que atesourará por sempre. Unha nota histórica interesante é que, de acordo á "Historia de Galadriel e Celeborn" de ''[[Unfinished Tales]]'', esta mesma petición foi previamente feita miles de anos atrás por [[Fëanor]], o máis grande dos elfos [[Noldor]]in (quen creou os [[Silmaril]]s quizais inspirado polas mesmas mechas de cabelo). Galadriel rexeitou a petición de Fëanor, pero si accedeu á de Gimli, quizais pola súa humildade.
 
O amor de Gimli por Galadriel demóstrase no seu primeiro encontro con [[Éomer]] de [[Rohan]]. Éomer fala rudamente sobre Galadriel, proferindo rumores falsos sobre ela. Entón Gimli respóndelle con insultos, levando a unha situación hostil que unha vez máis é conciliada por Aragorn.
Liña 36:
 
De acordo co ''Libro Vermello da Fronteira do Oeste'', trala morte de [[Aragorn]] en 121 C.I., Gimli viaxou con Legolas cara a [[Valinor]] (quizais co permiso obtido para el por Galadriel), e foi o primeiro anano en pisar as Terras Eternas.
 
 
Gimli tiña 139 años cando a Irmandade do Anel se encamiñara desde [[Valfendido]], o que o facía 52 anos máis vello que [[Aragorn]].
 
== Na adaptación ó cine ==
[[Ficheiro:John Rhys-Davies.jpg|thumb|200|John Rhys-Davies.]]

Na triloxía levada ó cine por [[Peter Jackson]], Gimli é interpretado por [[John Rhys-Davies]], que foi deliberadamente elixido porque era máis alto que os actores que interpretaban ós [[Hobbit]]s. Así, nas escenas onde Gimli e os Hobbitshobbits aparecían ó mesmo tempo, parecían ter en proporción os seus tamaños respectivos, e nas escenas onde interactuaban con personaxes humanos empregábanse trucos para pór o seu tamaño a escala.
 
Nas películas, a personalidade ruda de Gimli é deliberadamente esaxerada en comparación coa de Aragorn e Legolas, e en ocasións corresponde coa parte cómica, cousa que algúns fanáticos dos libros de Tolkien atoparon desagradable. Unha defensa desta postura é que orixinalmente, nos libros, [[Peregrin Tuc|Pipin]] e [[Meriadoc Brandigamo|Merri]] eran os personaxes cómicos; ó avanzar a historia, a guerra fainos madurar, así que Gimli convértese no personaxe cómico para diminuír a tensión dramática.