Alto o fogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
A 1ª ed. deste artigo é unha adaptación do correspondente da wiki en es.
 
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
{{en uso}}
Un '''alto o fogo''' (tamén coñecido como '''alto ao fogo''') é a detención temporal dunha [[guerra]], ou de cualquera [[conflito armado]], na que os bandos enfrontados acordan, mutua ou unilateralmente, o cesamento das hostilidades. O alto o fuego, ou a [[tregua]], pódense declarar como parte dun [[tratado de paz]] formal, pero tamén poden ser a demostración dunha vontade de entendemento entre as partes enfrontadas previa á [[paz]] definitiva.
 
Liña 5 ⟶ 4:
O [[29 de decembro]] de [[1914]], durante a [[Primeira Guerra Mundial]], na denominada [[Tregua de Nadal]], houbo un alto o fogo transitorio, non oficial, entre [[Imperio Alemán|alemáns]] e [[Reino Unido|británicos]], sen que houbera ningún tratado asinado. A guerra retomouse ao cabo duns días.
 
Un exemplo máis recente de alto o fogo foi o anunciado entre [[Israel]] e a [[Autoridade Nacional Palestina]] o [[8 de febreiro]] de [[2005]]. No momento do anuncio, o xefe negociador palestino, [[Saeb Erakat]], definiu o alto o fuego da maneira seguinte: ''"Acordamos que, hoxe, o presidente [[Abbas]] declarará un cesamento completo da violencia contra os israelís en todas partes e que o primiero ministro [[Ariel SharónSharon]] declarará un cesamento completo da violencia e as actividades militares contra os palestinos en todas partes"''.
 
Outro exemplo máis recente aínda, neste caso dun alto o fogo unilateral, tivo lugar o {{data|22|3|2006}}, en que a organización terrorista [[Euskadi ta Askatasuna]] (ETA) declaraba un alto o fogo permanente nas súas hostilidades contra os gobernos [[España|español]] e [[Francia|francés]]. Segundo o comunicado de ETA, ''"o obxectivo desta decisión é impulsar un proceso democrático en [[Euskal Herria]] para construír un novo marco no que sexan recoñecidos os dereitos que como pobo nos corresponden"'' de forma que se ''"supere o conflito de longos anos e que se constrúa unha paz baseada na xustiza"''. Esta tregua terminou co atentado da [[T-4]] na terminal de [[Barajas]] ([[Madrid]]) o día [[30 de decembro]] de [[2006]], onde morreron dúas persoas de nacionalidade ecuatoriana e, finalmente, cun comunicado de ETA o {{data|5|6|2007}}.