Reino de Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52:
 
A coroa da Escocia e a súa formación ten unha longa e complexa historia: dende os diferenciados gobernos autónomos (clans), até o xurdir dun único Rei ao redor do [[século XII]] para reinar a maior parte do que hoxe se coñece como [[Escocia]]. O [[século XIII]] foi duro e difícil para a coroa escocesa xa que mantiña complicadas loitas para manter súa independencia do [[Reino de Inglaterra]], máis extenso e habitado. Esa loita se extendería durante moito tempo, con episodios como o de [[William Wallace]] (recreado no filme "[[Braveheart]]"), e non sería até o reinado de [[Robert the Bruce]] cando acadarían a tranquilidade despois de derrotar ás forzas inglesas do Rei [[Eduardo II de Inglaterra|Eduardo II]] na Batalla de Bannockburn en [[1314]]. En [[1603]] o rei escocés [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe VI]] ascende ao trono de Inglaterra, esta unión de coroas foi seguida pola [[Lei de Unión (1707)|unión dos parlamentos]] no ano [[1707]].
 
== Historia ==
=== Consolidación do Reino ===
A unificación do reino escocés foi o principal éxito dos descendentes de [[Malcolm III de Escocia|Malcolm III Canmore]] e súa esposa [[Margarida da Escocia|Margarida]] (posteriormente [[santo|canonizada]]). Esa dinastia ocupou o trono até a morte de [[Alexandre III da Escocia|Alexandre III]] en [[1286]]. O casamento entre membros das dinastias inglesa e escocesa estreitou os lazos entre os dous reinos. Moitas institucións escocesas foron creadas segundo o modelo inglés e varias familias [[Normandos|normandas]] de [[Inglaterra]] estabelecéronse a partir de entón en Escocia. Ao redor de [[1266]] a dinastia Canmore exercía o control de toda a Escocia; mais, na parte central das [[Highlands]] e nas áreas cedidas polos nórdicos, ese control era aínda só nominal. O contacto con Inglaterra e co continente propiciou o desenvolvemento do comercio e a formación dos burgos.
 
=== Guerras da independencia ===
A morte de Alexandre III en [[1286]] fixo rexurdir problemas pendentes na relación entre a coroa escocesa e a inglesa. Como os dous únicos herdeiros de Alexandre morreran, xurdiron disputas entre descendentes máis afastados dos reis escoceses. Por influencia de [[Eduardo I de Inglaterra]], venceu ao final [[Xoán Balliol]] (reinado [[1292]]-[[1296]]) quen, non aceptando ás esixencias do rei inglés, encontrou a oposición dos baróns escoceses, que se aliaron con [[Filipe IV de Francia]]. Eduardo I invadiu Escocia en [[1296]], encontrando severa resistencia. En [[1306]], [[Robert the Bruce]], un dos pretendentes ao trono escocés, revelouse contra o dominio inglés e fíxose coroar Rei en [[Scone, Escocia|Scone]]. [[Eduardo II de Inglaterra|Eduardo II]], fillo de Eduardo I, non foi capaz de levar adiante a guerra mantida por seu pai e, ao redor de [[1314]], case tódolos castelos ingleses de Escocia foron conquistados polas forzas de Bruce. Con todo, Inglaterra non recoñeceu o trono escocés até [[1328]].
 
Bruce faleceu en [[1329]], e o primeiro rei escocés en ser unxido e coroado foi o seu fillo, [[David II de Escocia]] ([[1329]]-[[1371]]). [[Eduardo Balliol]], fillo de Xoán Balliol, conseguiu, tras varias loitas, chegar do trono co auxilio de Inglaterra, que recibiu en troco grande parte do sur de Escocia. A resistencia proseguiu no norte e no oeste até que os escoceses conseguiron recuperar a maior parte de seu territorio. Mais a continua e prolongada guerra contra os ingleses desorganizou a economía e enfraqueceu a autoridade do rei, fortalecendo aos baróns, que recibían grandes concesións territoriais para apoiar a coroa escocesa. Unha institución política beneficiouse, porén, dese período conturbado: o [[Parlamento de Escocia|parlamento]]. Necesitando levantar diñeiro para as loitas, os reis por varias veces reuniron asembleas de nobres e representantes dos diversos burgos.
 
=== Fortalecimento da Monarquía ===
No [[século XV]], os reis escoceses procuraron restaurar súa autoridade. [[Xaime I de Escocia]] ([[1394]]-[[1437]]), ao volver de Inglaterra, onde estivera cativo durante dezaoito anos, neutralizou a influencia dos [[Casa de Estuardo|Estuardo]], duques de Albany, que exerceran a rexencia do trono na súa ausencia. O seu sucesor, [[Xaime II da Escocia|Xaime II]] ([[1437]]-[[1460]]), destruíu, á súa vez, o poderio dos Douglas. [[Xaime III de Escocia|Xaime III]] ([[1460]]-[[1488]]) estendeu o control efectivo da coroa aos territorios do norte e do oeste ao reprimir unha rebelión ([[1475]]) liderada por John MacDonald, Earl de Ross; gañou tamén as [[illas Órcadas]] e [[Shetland]], aínda so control nórdico. [[Xaime IV de Escocia|Xaime IV]] ([[1488]]-[[1513]]) consolidou o poder real naquelas illas e nas [[Hébridas]], mais faleceu na batalla de Flodden ([[1513]]), cando auxiliaba a Francia na loita contra Inglaterra.
 
Tras un período conturbado durante a minoridade de [[Xaime V de Escocia|Xaime V]] (1513-42), este asumiu o poder e continuou coa política de alianza cos franceses. [[Henrique VIII de Inglaterra]] invade entón Escocia e a armada escocesa é derrotada na batalla de Solway Moss ([[1542]]). Xaime V morre o mes seguinte, unha semana antes do nacemento de súa única herdeira, [[María Estuardo]]. As disputas con Inglaterra proseguiron durante a rexencia do conde de Arran, que chegou a un acordo cos franceses para a celebración do casamento de María con Francisco (máis tarde [[Francisco II de Francia]]), herdeiro do trono francés ([[1558]]).
 
=== Unión das dúas coroas ===
[[Xaime VI de Escocia]], fillo de María Estuardo, ascendeu ao trono inglés, como [[Xaime I de Inglaterra]], en [[1603]]. [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]] ([[1625]]-[[1649]]), tentando uniformizar o goberno e o culto relixioso de Escocia coa [[Igrexa de Inglaterra]], provocou disturbios. A convocatoria nacional, protestando contra as innovacións eclesiásticas, foi asinada en [[1638]] e, o mesmo ano, unha asemblea xeral aboliu o episcopado. En agosto de [[1642]] irrompeu a loita entre Carlos I e seus oponentes ingleses. Ámbalas partes procuraban obter o apoio dos escoceses, que resolveron axudar a oposición parlamentaria inglesa, en troco dun acordo pola unidade relixiosa con base no presbiterianismo. Os realistas foron derrotados en Inglaterra e en Escocia, e Carlos I rendeuse aos escoceses en [[1646]]. Non chegando a un acordo co rei, os escoceses devolvérono á Inglaterra. O exército inglés, baixo a dirección de [[Oliver Cromwell]], tornárase a maior forza política do reino, preferindo a independencia relixiosa ao presbiterianismo. Convencionais conservadores conseguiron obter do rei un compromiso de estabelecemento do presbiterianismo nos dous reinos por tres anos, e foron á loita en defensa do rei, sendo esmagados en Preston en [[1648]]. O ano seguinte, Carlos I foi executado ([[1649]]). En [[1651]] toda Escocia estaba en poder de Cromwell, que adoptou unha política xusta en relación á relixión conquistada, mais non gañou a simpatía dos escoceses, descontentes cos pesados impostos.
 
=== Unión con Inglaterra ===
A comezos do [[século XVIII]] a principal razón da política inglesa era asegurar a sucesión do trono británico en caso de non ter descendencia directa. Así segundo a Lei de Establecemento, asinada en [[1701]], a coroa inglesa, en caso de non ter descendencia directa, pasaría á Casa de Hannóver, de relixión [[protestantismo|protestante]]. En [[1702]] a morte do rei [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] trae o ascenso ao trono de [[Ana de Gran Bretaña|Ana I]], a cal non tiña herdeiro á morte do príncipe Guillerme de Gloucester no ano [[1700]].
 
No ano [[1703]] a unión dinástica entre o Reino de Inglaterra e o Reino de Escocia estaba en crise, xa que o [[Parlamento de Escocia]] pretendía instaurar con esta crise sucesoria unha dinastía independente, o que supuña a independencia total respecto de Inglaterra. Esta teórica independencia non era desexada por Inglaterra xa que o establecemento dun reino independente escocés podía carrexar unha alianza deste país con algún inimigo dos ingleses, e á súa vez, un ataque contra os seus territorios, polo cal, o problema escocés debía ser neutralizado e garantir a sucesión na Casa de Hannóver. A firma da [[Acta de Unión de 1707]] trae consigo a desaparición do Reino de Inglaterra e do Reino de Escocia e a creación do [[Reino de Gran Bretaña]], disolvéndose así os parlamentos de cada un destes dous reinos e establecendo o [[Parlamento do Reino Unido]] con sede no [[Palacio de Westminster]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Escocia]]
* [[Reino Unido]]
* [[Lei de Unión de 1707]]
 
[[Categoría:Historia de Escocia]]